Podes buscar entre as (2715) novas publicadas dende que comezou a Axencia Audiovisual Galega. Emprega os seguintes criterios de busca:
2010-03-29
Nesta iniciativa, que se desenvolverá na semana previa á entrega dos "Mestre Mateo" da Academia Galega do Audiovisual, participan un total de trinta concellos e entidades socioculturais que proxectarán, nunha mesma sesión, unha curta e unha longametraxe dos 21 títulos que integran a programación e que forman parte dos finalistas aspirantes aos premios do audiovisual galego. As proxeccións iniciaranse o día 5 e continuarán ao longo da semana ata o día 10.
2010-03-14
Previa á cerimonia de entrega de premios terá lugar a SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO que se desenvolverá en numerosos lugares de Galicia que permitirá a difusión e promoción das obras finalistas e aproximar as producións galegas ao maior número de de comunidades do país.
Os concellos ou entidades interesadas que non teñan feito a solicitude da programación poderán realizala, nestes días, a través de CINEMAS DIXITAIS
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinapromocion/cinemas/normas.php
2010-02-08 Co gallo da entrega dos premios “Mestre Mateo” que concede a ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, os traballos finalistas nas diferentes categorías serán exhibidos no circuito de CINEMAS DIXITAIS en toda a xeografía galega.
Os concellos e entidades interesadas en participar na programación poderán realizar a solicitude antes do día 15 de marzo.
2010-02-03 O especialista na investigación e recuperación de documentación cinematográfica sobre o cine da emigración galega, Manuel González, principia estas xornadas coa conferencia “O cine de correspondencia na emigración galega (1920-1960). Irá seguida da exhibición dun completo programa de documentais, curtametraxes e longametraxes galegas que presentan a emigración como principal argumento
2010-01-19
Durante os días 4 a 7 de febreiro e co título "Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración" o Centro Galego de Bruxelas organiza unha exposición e unhas xornadas sobre a emigración galega a través do cine en colaboración con Cinemas Dixitais.
Un percorrido visual a través da historia do movemento asociativo galego destacando as motivacións identitarias que levaron a crear as asociacións galegas na América a raiz das migracións masivas que se produciron durante o período 1843-1950, en Europa nos anos 1950 ata 1970 e nas diversas cidades no interior da Península Ibérica.
2010-01-18 O Centro Galego de Barcelona ven desenvolvendo un programa estable de exhibición de cinema galego a través dos ciclos de Cinemas Dixitais. Con esta iniciativa pretende ofrecer en Cataluña unha visión do conxunto da creación audiovisual nos diferentes estilos e temáticas da vasta produción galega nestes últimos anos.
2009-04-14 A Axencia Audiovisual Galega quere facer un pequeno susurro no seu silencio para dar conta dunha perda inestimable para o audiovisual galego, morreu o director Eloy Lozano. O audiovisual galego está de loito, perdeu un dos seus maiores loitadores independentes en prol de poder facer cinema en Galicia.
2009-04-03 Desde hoxe non se actualizará máis a páxina da Axencia Audiovisual Galega por razóns técnicas. Foron dous anos e medio de incesante actividade onde tentamos amplificar todas as novas que chegaron aquí, viñeran de onde viñeran, dos grandes ou dos pequenos, das cidades ou das aldeas. Tan só queremos darvos as grazas aos máis de 2.000 lectores diarios deste portal e a outros moitos que seguiron os nosos avatares independentemente de cores e posicións persoais. Neste tempo intentamos traballar para todos, con equilibrio e obxectividade desde a Consellaría de Cultura e Deporte, porque non houbo ninguén que se achegara ata nós que non atopara acubillo, consello, complicidade e axuda. Respecto dos proxectos nos que estabamos e os temas pendentes, non hai motivo de preocupación, porque todo seguirá funcionando con normalidade: Os contidos xa publicados da páxina seguirán activos para que podan ser útiles aos que a consultedes con regularidade A institución que xestiona os expedientes e as solicitudes é polo momento Agadic Ese será o organismo onde podedes resolver as vosas dúbidas ou acadar a información que precisedes; todo se xestionará desde o mesmo local e coas mesmas funcionarias da Axencia Audiovisual Galega as que xa coñecedes tanto as empresas como os creadores. Flocos.TV ten garantida a súa continuidade ata o 31 de maio con estreas diarias, ciclos semanais e algunhas melloras que conducirán a nova versión renovada de Flocos 2.0. O programa "Memoria do século XX" continuará no seu labor de rescate de Super 8 e outros incunábeis do audiovisual galego ata outubro deste mesmo ano. Pola nosa parte, nada mais, desexamos de corazón moita sorte a tod@s @s que solicitaron axudas neste ano, pedimos desculpas se non soubemos estar á altura as veces e unha recomendación -especial para esta xeración de novos creadores que agromou neste tempo-: porfiade e insistide. Como dicía Maiakoski: "Máis vale perderse na paixón que perder a paixón". Este compromiso e o amor polo bó cinema foi o único leit-motiv que motivou todo o noso traballo neste tempo. A tod@s moitas grazas... Manolo González Axencia Audiovisual Galega
Todas as convocatorias (talento, curtas, produción, desenvolvemento e interactivos) fixéronse en tempo e prazo. Nunca na historia da cultura audiovisual do país se presentaron tantos proxectos de empresas ou creadores, o que é un índice da súa credibilidade e limpeza e que ademais fainos sentir moi orgullosos. Queda aberta aínda a convocatoria de axudas automáticas, unha convocatoria novidosa e arelada pola industria audiovisual -unha auténtica conquista histórica- ata o 30 de outubro.
O programa "Cinemas dixitais" seguirá ata finais de abril coa programación da "Semana do audiovisual galego" en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual para os Mestre Mateo do 30 de abril. Quedan na carteira os ciclos "Documentarios galegos 2" e "Cinema portugués contemporáneo"..