Taboleiro: Novas

Aberto o prazo de ´A Toda Mecha´ Curtas Express. Proxecto aberto de Produción Dixital

07-07-2007 Mr.Misto Films coa colaboración coa Axencia Audiovisual Galega da Consellería de Cultura e Deporte e a Delegación de Cultura do Concello de Ribadeo pon en práctica o segundo proxecto de produción dixital e independente de Galicia.

No marco do On&off. Ribadeo que organiza Mr.Misto Films na localidade lucense de Ribadeo dos días 1 ao 4 de agosto, desenvolverase un proxecto de produción orientado á gravación instantánea de curtametraxes. A toda mecha –Curtas exprés representa un proxecto de produción conxunta no que a organización pretende poñer ao servizo de mozos creadores todos os elementos precisos para a gravación e produción de varias curtas. 
Desde o material técnico ata mesmo a intendencia, a organización poñerá todos os medios necesarios para o bo fin dos proxectos seleccionados na súa gravación e produción. 
No marco da celebración do III Festival On & Off, preténdese que Ribadeo se converta nun plató xigante no que producir varias curtas dixitais.   

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade