Taboleiro: Novas

Onda curta reflexiona sobre o idioma e sobre o audiovisual en galego na rede

11-05-2007 Onda Curta súmase ás celebracións do Día das Letras cun programa especial no que poderemos ver ata tres curtas que tratan dende distintos puntos de vista o tema da lingua galega e tamén se dará conta de distintas iniciativas de promoción das curtametraxes na rede.

O Legado de Álfonso X, do coruñés Pablo Penedo Naveira, é unha delirante comedia ao xeito dos Monthy Python na que o Rei Alfonso X, autor das Cantigas de Santa María, se lles aparece na actualidade a un grupo de personaxes que estaban recollendo ‘fungos’. 
Por outra banda, De Aldeanos, de Edu Pérez Lavandeira, que se move na ambigüidade entre a ficción e o documental, pretende ser unha parodia sobre as actitudes prexuizosas que moitas veces se escoitan sobre o galego, sobre todo entre a xente das cidades.
Por último Fronteiras, de Rubén Pardiñas, é un documental que nos sitúa na raia entre Galiza e Asturias, unha separación administrativa na que as separacións lingüísticas son moito máis sutís.
Pero ademais Onda Curta mergúllase na rede para saber que se move en galego no audiovisual que cada vez máis se colga na rede. E descubrimos entroutras cousas a primeira TV en galego en internet: Komunikando TV, a canle televisiva do Portal do Consello da Cultura Galega, ou a xa popular teutubo TV, á que podemos acceder dende o portal da axencia audiovisual galega. Para contarnos un pouquiño máis valémonos do coñecemento experto da xornalista María Yáñez.
Por último, a música pona unha das bandas senlleiras da música feita en Galiza e en galego, os composteláns Ruxe Ruxe, que presentan o seu videoclip Inverno. 

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade