Taboleiro: Novas

Primeiras imaxes de ´Maldito bastardo!´

08-05-2007 

Mañá publicaranse as primeiras imaxes da produción mais ´thrash´ do audiovisual galego dos últimos anos. O trailer poderase visionar na páxina web de promoción deste filme.

Se A matanza canibal dos garrulos lisérxicos foi a obra de referencia no século pasado agora tócalle o turno a Maldito bastardo! dirixida por Xavi Camino.

O filme, cargado con grandes doses de humor negro, sensentidos e violencia gratuita sitúase nun alucinante mundo rural onde o primitivismo, a alta tecnoloxía, a baixeza moral e a cultura psicodélica conviven en armonía. Segundo as frases publicitarias: "Maldito bastardo! é un virus que devora as túas entrañas. Maldito bastardo! é un alambique humano. Maldito bastardo! é unha matanza gratuita. Maldito bastardo! é un deus de peluche. Maldito bastardo! é AMOR".

Neste proxecto ten un elenco de actores nos que destacan Pilar Miguélez, Juanillo Esteban, Carmela López, Tomar Novas, David Balado e Laura Sañudo. A produción corre pola conta de Álvaro Novo.

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade