21-01-2009
O vindeiro 6 de marzo, vai ter lugar en Rianxo, a estrea do documental de Antón Caeiro que leva por título Esta noite, velada. Un filme realizado para a conmemoración do 75 aniversario da creación do grupo de teatro Airiños de Asados.
O documental ten unha duración de 45 minutos e está relatado integramente polos integrantes e ex-integrantes do grupo e algún dos espectadores que asistiron a aquela primeira velada de 1933. A República, a Guerra Civil e a dictadura e logo a chegada da democracia pasan conmo parte dese decorado de fondo desta obra. A censura e a súa rebeldía ao representar sempre as súas obras en galego, e ven a ser o grupo de teatro máis antigo en activo hoxe en día.