31-07-2008
A peza foi a grande gañadora dos premios do xurado e do público na recente edición do Festivalito de La Palma no que se fai unha aposta pola produción dixital e tamén, como vemos, pola distribución e exhibición on-line das obras do "mundo paralelo".
Illa da Palma, Canarias. Son as 6 da tarde do 17 de xullo do 2008. A calor era abafante e Mario Iglesias tomaba tranquilamente un café nunha terraza calquera de Santa Cruz, a capital da Palma. Mario está inquedo: ten que idear, rodar e montar unha curta nas vindeiras 24 horas.
- Xa tes a idea para a curta, Mario?
- Non se me ocurre nada... Non teño nin idea...Posiblemente este ano non participe. Estou sen inspiración...
(risas).
- Pero si eres un clásico deste festival.... Cómo imaxinar unha edición do Festivalito sen unha peza de Merio Iglesias?
- En serio que non sei o que vou facer... Vou ir ao hotel para ver si se me ocurre algo... pero non o vexo nada claro. Este ano teño demasiadas cousas na cabeza (7 días despois, o director pontevedrés iniciaba a rodaxe da sua quinta longametraxe Relatos)
Mais só tres horas transcorreron desta conversa. As 9 da noite, Mario reservaba a localización do Teatro Chico para gravar pola noite, convocaba aos seus actores e ao amencer, a nova peza xa estaba lista. Son seis minutos "intensos".
O resultado podedes velo en:
http://video.google.es/videosearch?q=ensayo+mario+inglesias&hl=es&sitesearch=#