Taboleiro: Novas

AVISO: Aclaración sobre a orde de axudas á escrita de guión!

25-11-2008 Con motivo de aclarar as innumerables dúbidas suscitadas, polo artigo 14.5 (xustificación da subvención), da Orde do 28 de maio de 2008, "pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a escrita individual de guións de proxectos audiovisuais en lingua galega que se convocan para o ano 2008", informamos sobre cales facturas poderán ser admitidas para xustificar o orzamento.

CAPITALIZACIÓN DO TRABALLO:

  • Xustificarase cunha declaración responsable do guionista.
  • Nela deberase especificar o número de horas traballadas na conclusión da escrita do guión.
  • A cantidade non superará o 60% do orzamento total.

GASTOS DIRECTOS:

  • Compra ou aluguer de material técnico: ordenador, impresora, programas informáticos, material de grabacións, toner...
  • Material de papelería: papel, copias, fotocopias, cds, escaneados...
  • Envíos de correos, mensaxerías...
  • Gastos de documentación: compra de libros, DVD, etc. necesarios para a realización do guión.
  • Deseño, maquetación, ilustracións,...
  • Traduccións relacionadas co guión.
  • Revisión e corrección do texto, copias, encadernado...
  • O porcentaxe deste capítulo será do 25 %.

GASTOS INDIRECTOS:

  • Aluguer de locais para a realización do Guión durante o tempo empregado para o mesmo.
  • Gastos de suministros: luz, auga, ADSL... sempre que todos estes gastos estén a nome do solicitante.
  • Seguridade Social, seguros médicos, autónomos,...
  • Gastos de viaxes, necesarios para a realización do guión: transportes, hoteis...
  • Facturas de teléfono mobil, fax...
  • Os gastos indirectos non poderán superar o 15% do total do orzamento total.

 

  •  

Comentarios

Axencia Audiovisual Galega (audiovisual.cultura@xunta.es) - 26-11-2008 - 11:10:15h

Para todos os interesados/as na escrita de guión: Como ben decides algúns: esta é unha "axuda" á escrita dun guión. O proxecto final pertence ao guionista e as cantidades son moi similares e homologabeis as axudas á escrita de guión no resto de Europa.
Todos os problemas de xustificación afortunadamente rematarán na vindeira convocatoria de xaneiro do 2009. As axudas individuais converteránse en "becas de creación audiovisual" e non haberá ningún problema á hora de xustificar, nin presentar orzamento algún (aspectos que deben figurar obrigatoriamente segundo a Lei de Subvencións de finais do 2007 nunha orde de axudas). Ao convetérense en becas desaparecen o 90 % dos problemas que tiveron estas axudas (o mesmo que no caso das curtas individuais). Polo tanto tede un pouco de paciencia e afinade o inxenio para dentro de dous meses. A cuestión é preparar bós proxectos...Dende aquí facemos o que podemos para millorar as condicións administrativas -dentro do marco da legalidade- que posibiliten unha dinámica mais axeitada entre os creadores e a Administración
Un saudo agarimoso
Axencia Audiovisual Galega.

XMCB47 (mv@mundo-r.com) - 25-06-2008 - 20:58:40h

Para XRF
O tratarse de axudas a "proxectos de guións" eu creo que hai que entendelo do modo xeral.
A prazo do guión definitivo remata o 31/10/2008.E admite proxectos en curso (gastos desde xaneiro), nados no maxín do creador vai ti saber cando.
A nota informativa da AAG, e unha interpretación xenerosa da Orde, mostrando mui boa voluntade. Ahora ben o guión e propiedade intelectual do autor e o seu valor fixao o mercado.
En resumen, creo que a intención da AAG é facer bulir a caldo.
No fondo e un premio o mellor proxecto de guión.
Adiante todos

XRF - 25-06-2008 - 19:15:38h

Boas!
É a primeira vez que teño pensado presentarme a estas subvencións. Esta aclaración sobor o tema do orzamento e francamente boa. Moitas grazas.

A miña dúbida é outra. Cando se fala do tratamento do guión (20 páxinas mínimo a dobre espazo) ¿refírese a un tratamento secuencial ou pola contra a un tratamento máis xeral do guión sen ser tan puntual?

Agradecería resposta, suxerencias.

Moitas grazas polo tempo.

Un saúdo.

XMCB47 (mv@mundo-r.com) - 24-06-2008 - 19:55:03h

Evidentemente "per se" non ten validez legal. Supoño que é a efectos meramente orientativos. Onde está a validez legal e na Ley de Renta (IRPF), o establecer que son gastos deducibles aqueles que sexán necesarios para xenerar un ingreso.
Os limites estableceos a Orde, pero eso non quere decir que cando presentes a túa declaración de IRPF, éstos non operen na sua totalidade, podendo chegar a ter resultados negativos e tributar cero euros. O mesmo é aplicable o IVA,que será deducible o vender a nosa propiedade intelectual.
Ánimo desempolvade aqueles borradores que teñades e participar, non hay nada que perder e o audivisual galego necesita fomentar os nosos recursos humans. Un vello refrán di: "O mellor e enemigo do bo"

xose - 23-06-2008 - 19:31:13h

¿Que valor legal ten esta aclaración? ¿De que texto legal, publicado no DOGA ou no BOE, se extractou? ¿En que resolución do Consello de Contas se contempla?

gracekelly - 23-06-2008 - 16:21:11h

Rectificar, de sabios, claro, mais se non houbese tanta protesta seguro que non se movía nin un dedo para subsanar o tema, e o certo é que deberían voltar a dar un mes á xente dende esta última nova. Esto sí sería xusto, e así pois... gualtrapada, que o entendemos todos, verdade?
Boa sorte a todos e todas.

Rosa - 23-06-2008 - 16:05:16h

Abelardo, é que a Xunta non nos está financiando o guión; trátase simplemente dunha axuda. Entendo que con ese diñeiro Cultura contribúe a manternos o tempo que dure a escrita. Outra cousa distinta é que se o guión se vende, temos que esixirlle á produtora as tarifas de mercado.

Por outra banda, non creo que a pasta sexa conditio sine qua non para escribir un bo guión. Moitos guionistas escribimos a fondo perdido, e tentamos facer un bo guión de balde coa esperanza de chegar a darlle saída. Algúns destes guionistas nin sequera chegaron a ter nunca subvencións, e escribiron igual.

O dito: trátase de subvencións; a Xunta non nos está mercando o guión porque non vai comerciar con el, así que falar da escaseza da pasta neste momento do proceso paréceme fóra de lugar.

Creo que o único que xoga en contra da excelencia son os prazos. O tempo si é fundamental para conseguir un bo produto.

abelardo (abelardorr@eresmas.com) - 23-06-2008 - 11:35:57h

bueno, eu creo que aquí está todo bastante claro, agora o que queda é que a quen lle interese, se poña a traballar axiña.


Gustaríame deixar unha cousa máis ou menos clara, por que tendemos a fascernos da picha un lio.

As axudas de calquera institución, sexa pública ou privada, son totalmente necesarias para que este mundo do audiovisual funcione. Estas ao ser públicas sempre son criticables e mellorables.

As cuantias que se destinan son manifestamente escasas e é imposible que por unha cantidade de 10.000 ou 15.000 € se poida facer un guión caralludo.

Sempre pode haber unha excepción, pero o habitual é que por esa cantidade non lle poidas adicar o tempo necesario á investigación e á escrita do propio guión. Canto podría valer o guión da última peli de Almodovar, que estivo 3 anos escribindo e reescribindo o guión ata ter o definitivo ? 60.000, 70.000, 90.000 € ? Será bo o guión ou será unha merda? Pois si, ao final tamén é unha cuestión de cartos

Pero bueno, como somos tan güais, aínda por encima, por 15.000 €, queremos facer obras mestras. Pero non vai poder ser, sinto pero non.

Ata pronto

XMCB47 (mv@mundo-r.com) - 21-06-2008 - 20:40:52h

Aceptar unha subvención convirte as persoas en empresarios que exercen unha actividade económica. Independendetemente do tratamento que lle de a Orde, non esquezades esta circuntancia a efectos tributarios e obrigas ante a Seguridade Social.
Entendo que a tributación por lo ingreso (pois non está exento) tamén e un gasto, e o IVA poderá ser recuperado según as disposicións en materia fiscal.

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade