![]() |
PROGRAMACIÓN
SALAS DE PROXECCIÓN
CONTRATACIÓN E NORMAS DE USO
QUÉ É CINEMAS DIXITAIS
ASESORAMENTO TÉCNICO
RECOMENDACIÓNS PROGRAMACIÓN
|
Nesta sección poderá informarse dos ciclos de películas das que pode contratar proxección a través da Área Interna de Cinemas Dixitais.
|
Esta escolma está pensada para converterse nun proxecto histórico dentro da divulgación das curtametraxes galegas. A Axencia Audiovisual Galega acude ó rescate desta produción invisíbel co propósito de desfacer este desagravio e dar a coñecer parte moi estimábel do audiovisual galego. Estas pequenas pezas supuxeron apostas arriscadas en distintos aspectos, polo tanto este ciclo supón un achegamento á parte do audiovisual galego que atesoura unha grande calidade. Así, deste modo, hai que contemplar este ciclo de Cinemas Dixitais como un tesouro. “Curtametraxes galegas: o pequeno é fermoso” constitúe unha mostra do apoio á produción e divulgación das curtametraxes galegas, un proceso creativo fundamental para espertar o talento e a creatividade dos novos realizadores que constitúen o presente e o futuro do audiovisual galego. -Seleccionando Cartel A3 e Ficheiro accédese ás plantillas, en formato Word, dos carteis de programación en tamaño A3 e fichas informativas de cada sesión. Permite modificar e individualizar a programación e imprimir en impresora ou imprenta. :: Cartel A3 :: Programa :: Teaser |