Oficina de promoción: Cinemas dixitais: Asesoramento Técnico - Sala de Proxeccións

   
                  PROGRAMACIÓN
 
                  CICLOS DE PELÍCULAS
 
                  SALAS DE PROXECCIÓN
 
                  CONTRATACIÓN E NORMAS DE USO
 
                  QUE É CINEMAS DIXITAIS
 
                  RECOMENDACIÓNS PROGRAMACIÓN
  Sala de Proxeccións     |     Reprodutores     |     Proxectores     |     Audio     |     Pantalla     |  
 
  • Si temos a intención e oportunidade de modificar e mellorar as condicións da sala ou o equipamento é importante contar cun estudio integral e asesoramento profesional sobre a insonorización, adecuación acústica e descripción das características técnicas dos elementos de proxección, imaxe e son. O seu conxunto debe responder a criterios de coherencia, tanto no que se refiere as potencias e cualidades dos aparatos como na súa distribución e instalación.
  • A sala debe ser, preferiblemente, de forma rectangular e cerrada, con acabados das paredes, teito e piso de cor escura ou medio escura que eviten o reflexo da luz. Os materiais deben ser illantes acústicos e absorbentes, desta forma permitiranos disfrutar dunha mellor visión e calidade de son.
  • De pouco vale contar cun excelente equipo de proxección si estamos nun local con mala acústica, con excesiva claridade e ruidos ou, polo contrario, temos unha pantalla desproporcionada co volumen da sala, un proxector sen a luminosidad suficiente ou un son de escasa potencia e calidade.

  • O equipo de control está integrado pola mesa de son, etapa de potencia, reprodutor, aparato receptor do micro, o proxector ou canón de imaxe. Estará, preferiblemente, nun espazo separado da propia sala de proxección e debe permitirnos comunicar coa mesma dunha maneira visual e sonora.
  • No caso que non fora posible contar cunha cabina de proxección, montarémolo de maneira centrada ca pantalla, deixando entre o equipo de control e a pantalla o patio de butacas.
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade