LONGO SENDEIRO DE PEDRA (2006)

Equipo técnico

Director/a: Pablo Millán
Guión: Pablo Millán
Productor/a: Pablo Millán
Director/a de fotografía: Pablo Millán
Director/a de arte: Pablo MillánAna Lombao Vázquez
Director/a -Xefe de produción: Pablo MillánAna Lombao Vázquez
Montaxe: Pablo Millán
Xefe/a Son: Luis Iglesias Fernández
Axudante de dirección: Pablo Millán

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Experimental
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: Betacam
  • Duración: 17 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  15.000€
  • Subvención concedida:  8.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: pablomipe@yahoo.es
  • Web: http://www.arteautor.com/
  • Data inicio rodaxe: 27/07/2006
  • Data fin rodaxe: 17/11/2006
   Descrición

Estrutura en mosaico na que o tema central da pedra funciona como elemento vertebrador, material que permite un percorrido pola natureza, folclore e patrimonio de Galicia. Coa nosa proposta de collage buscamos a reflexión, a crítica, o xogo, ou simplemente o deleite fronte imaxes de marcado carácter preciosista, establecendo relacións tanto formais coma de contraposición.
Na experimentación paisaxística as referencias o land-art fanse inevitables máis na nosa proposta non pretendemos incidir de forma directa no medio, senón no medio considerado como imaxe. A incidencia na paisaxe, a transformación realizarase a posteriori no estudio.
Un referente que non podemos deixar de mencionar son as películas Baraka e Koyaanisqatsi de Ron Frike das que recollemos o gusto polo elemento contemplativo.

   Argumento

Percorrido artístico e musical polos monumentos, oficios, xogos, paisaxes, tradicións, mitoloxía e poesía de Galicia coa pedra como elemento vertebrador, establecendo un xogo visual e conceptual no que mestúranse imaxes e sons desde a Galicia máis tradicional á máis actual, buscando os contrastes, un xogo que activa a busca de relacións posibles, e que discorre entre as temáticas do traballo, a vida, a morte, a natureza, o misticismo e a loita, conflito entre épocas, e a do propio home coa natureza.

   Localización

Noia, Porto do Són, Baroña, Axeitos, Teo, Santiago de Compostela, Fisterra, San Ciprián de Lás, Leiro, Lebosende, Pena Corneira, Catoira, Ribadeo, Viveiro, Abalo, Camelle, Cabo Ortegal, Osmo, Mondariz, Campo Lameiro, Illa de Ons, Lugo, San Andrés de Teixido, Betanzos, Bueu, Forcarei, Padrón, Picaraña, San Pedro de Rocas, Pico Sacro, Muxía, A Guarda, A Coruña, Vilaxoán, Poio,…

   Observacións

Premios e festivais:
-Best of Show: Grand Remi Award Experimental Film & Video; 41st Annual WorldFest International Film Festival of Houston 2008, EEUU.

-EXIS Experimental Video and Film Festival 2007 en Seúl, Corea del Sur.

-Video-art Exhibition “Become the voice of voiceless”, 2008, The Armenian Center for Contemporary Experimental Art, Yerevan, Armenia.

-Portobello Film Festival, 2007, Londres, UK.

-Mivico Festival da Videocreación do Condado 2007, Ponteareas, España.

-Festival On&Off 2007, Ribadeo. España.
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/longo-sendeiro-de-pedra/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade