COUSAS DO KULECHOV (2006)

Equipo técnico

Director/a: Susana Rei Crespo
Guión: Susana Rei Crespo
Productor/a: Susana Rei CrespoXurxo Estévez
Director/a de fotografía: Susana Rei CrespoXurxo Estévez
Director/a -Xefe de produción: Susana Rei Crespo
Montaxe: Susana Rei CrespoCarlos Fernández García
Axudante de produción: Xurxo Estévez
Imaxe gráfica: Manuel Lareo
Asesor lingüístico: Eduardo Sánchez

Equipo artístico

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Experimental
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: Mini DV
  • Duración: 21 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  29.950€
  • Subvención concedida:  10.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: susanareicrespo@yahoo.es
  • Data inicio rodaxe: 23/06/2006
  • Data fin rodaxe: 12/10/2006
   Descrición

Cousas do Kulechov é unha curtametraxe experimental que baixo a inspiradora luz de L. V. Kulechov, tentamos pór a proba a elasticidade da MONTAXE para chegar a unha reflexión en torno á fraxilidade e a veracidade do que vemos e escoitamos.
Nun percorrido pola paisaxe, as costumes e a actualidade galega, presentamos un suposto conflito bélico onde o exército invasor ataca as costas galegas.
Así, temos construido un fake "un falso documento" no que a flota de guerra son as bateas ordeadas sobre a ría, o asalto ás praias; as mariscadoras entrando no mar, as bombas; os petardos e foguetes das festas, etc.
No marco incomparábel do século que comeza pensamos, non sen ironía, na montaxe como un "arma carregada de futuro".

   Argumento

Nun determinado momento, unha flota estranxeira ataca as costas galegas. Non se coñece con certeza o motivo do ataque. Falouse do “Galfamio”, un mineral cun alto poder destrutivo, abundante na composición xeolóxica dos montes e curotas galegos. Mais esta versión nunca foi verificada nen desmentida polas potencias estranxeiras implicadas no conflito.
Os bombardeos sucédense sen tregua e a poboación civil sofre graves consecuencias: pobos destruídos, incendios, suministros cortados, etc.
Nas primeiras horas do suceso, unha parte da poboación ubicada máis perto das rías comeza a fuxir cara ao interior.
Organizase a resistencia: a poboación asalta as praias para impedir o avance do invasor. Constrúense globos no interior para evacuar a xente cercada na costa. Se intercepta documentación crucial e se cercan con arame as terras minadas polo inimigo ao tempo que se colocan minas nun extenso territorio.
Tras meses de conflito, recrudécense os ataques na costa e esténdense cara ao interior. Os bombazos chegan perto da catedral de Santiago que, tras dous días de asedio, consegue saír “ilesa”.
A aviación inimiga e as forzas especiais de asalto entran en acción e a poboación reséntese. As baixas entre a poboación civil son altas e a fame, a pobreza e as enfermidades comezan a facer estragos.
Con todo, diante da magnitude da catástrofe, as forzas galegas reaccionan. Reconvértese parte do sector pesqueiro e gandeiro en industrias de armamento lixeiro para armar a grandes sectores da poboación e defender o territorio.
A aportación particular do enxenio galego na invención de armamento pesado xunto coa reacción das forzas galegas unidas ao labor sen descanso da resistencia, logran finalmente a vitoria e a xente sae ás rúas para celebrar o fin do conflito.

   Localización

A Lama (Pontevedra), A Guarda (Pontevedra), Ames (A Coruña), As Neves (Pontevedra), Arcade (Pontevedra), Baiona (Pontevedra), Betanzos (A Coruña), Boiro (A coruña), Cangas (Pontevedra), Caritel (Pontevedra), Catoira (Pontevedra), Cavío (Ourense), Cerdedo (Pontevedra), Chantada (Lugo), Cotobade (Pontevedra), Covelo (Pontevedra), Irixo (Ourense), Laxe (A coruña), Lugo, Marín (Pontevedra), Moaña (Pontevedra), Moeche (Pontevedra), Monforte (Lugo), Moraña (Pontevedra), Muros (A Coruña), Muxía (A Coruña), Noia (A Coruña), Oleiros (A Coruña), O Grove (Pontevedra), Ourense, Pobra do Caramiñal (A Coruña), Poio (Pontevedra), Ponte Caldelas (Pontevedra), Pontevedra, Redondela (Pontevedra), Ribadavia (Ourense), Ribeira (A Coruña), Rianxo (A Coruña), Santiago de Compostela (A Coruña), Soutelo de Montes (Pontevedra), Vigo (Pontevedra), Vilagarcía de Arousa (Pontevedra),Vilalba (Lugo), Vilanova de Lourenzá (Lugo), Vilapouca (Lugo), Braga e Vilanova de Cerveira (Portugal).

   Observacións

Có apoio da Secretaría Xeral de Igualdade. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Crítica: CAFÉ & CHURROS: ´Cousas do Kulechov´, a máis sabedora delicatesen do 2006!
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/cousas-do-kulechov/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade