SANATORIO (2006)

Equipo técnico

Director/a: Jacobo Paz Limia
Guión: Jacobo Paz Limia
Productor/a: Jesús CaoJacobo Paz Limia
Produción executiva: Martín Barreiro
Director/a de fotografía: Jesús Cao
Director/a de arte: Jacobo Paz Limia
Montaxe: Jesús Cao
Xefe/a Son: Jacobo Paz Limia
Axudante de dirección: Jesús Cao
Maquillaxe/ perruquería: Elena Álvarez Parga

Equipo artístico

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Terror
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Non subvencionado
  • Formato gravación: Mini DV
  • Duración: 4 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Ano de produción:  2006
  • Email: soyjacobopaz@yahoo.es
  • Data inicio rodaxe: 24/07/2006
  • Data fin rodaxe: 24/06/2006
  • Data estrea: 23/02/2007
   Descrición

O interese polo cine dun grupo de rapaces con discapacidade intelectual levou á educadora social Elena Álvarez a desenvolver un proxecto de aprendizaxe transversal que empregase a creación audiovisual como un método para fomentar o desenvolvemento da autonomía en persoas con necesidades de apoio.
Sanatorio é a segunda curtametraxe que se realiza na Asociación Aspronaga da Coruña como parte desta labor de integración social. Jacobo Paz, dramaturgo e guionista de series de televisión como Pratos combinados ou As leis de Celavella, reuniuse cos diminuídos psíquicos para que lle explicasen que tipo de historias lles gustaban e que clase de personaxes lles gustaría interpretar. As preferencias destes rapaces estaban orientadas cara o cine de terror e as películas de suspense.  
Para facer viábel o proxecto foi necesario idear historias que acontecesen nas instalacións de Aspronaga. Froito deste traballo xurdiron dúas curtametraxes. A primeira foi Masacre, subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e dirixida por Juan de Oliveira. A segunda é Sanatorio, fotografada e editada por Jesús Cao. A curta conta cunha banda sonora na que colaboraron de forma desinteresada os galegos Fanny + Alexander e o grupo de rock Instiga, de São Paulo.  Sanatorio quere provocar a reflexión dos que constrúen o futuro esquecendo o pasado. 

   Argumento

Cando alguén enferma até esquecer quen é, ¿como pode recuperar a súa identidade?

   Localización

A Coruña

   Observacións

A curtametraxe foi gravada nun único día, o 24 de xullo do 2006, e estreouse no Cine Teatro de Ribadeo o 23 de febreiro do 2007.

Música: Noel Feáns (Fanny + Alexander), Efigenia Arias (Fanny + Alexander), Heitor Pellegrina (Instiga),Pedro Leite (Instiga), Christian Camilo (Instiga), Gabriel Duarte (Instiga)

Pódese ver en internet no seguinte enderezo:
http://www.aregueifa.net/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade