Rosa dos Ventos é unha viaxe á costa da morte galega. Un gran reparto encabezado por Belen Constenla que completa Miguel Borines, Fernando Morán e María Castro, contarán unha historia de amor, soidade e recordos. O cásting estivo a cargo de Tamar Novas.
Cunha fotografía moi coidada e unha música coma nos anteriores traballos de Jairo Iglesias transmitiremos o espírito galego da costa. O mar como elemento vital nas súas vidas.
O home de Rosa non volverá. Levouno o mar.
Ela busca consolo nos recordos, pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade.
O mar é a clave na vida destas persoas, tanto para os que están, coma para os que xa non. O mar agocha os segredos dunha vida frustrada moitas veces, simboliza a respiración dunha vila; pero ó mesmo tempo é esa línea que divide os corazóns de moita xente.
A morte baixo a sombra dos naufraxios convive cos recordos e a esperanza de quens quedan en terra. Unha cruz que mira ó mar desafía ás súas viúvas.
Rosa leva moito tempo soa. A chegada de Sara ó pobo fará que Rosa recapacite sobre o paso do tempo e intente buscar consolo na lembranza do seu marido.
Unha historia de amor, soidade e recordos. Rosa dos Ventos, onde o corazón a levou.
Malpica de Bergantiños (A Coruña).
ObservaciónsCó apoio da Dirección Xeral de Xuventude. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Critica: CAFÉ & CHURROS: ´A rosa dos ventos´, transgresión homérica
Podes vela en Flocos.Tv: http://flocos.tv/curta/a-rosa-dos-ventos/