SECUESTRADOS EN XEORXIA (2001)

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Telefilme
  • Xénero: Drama
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Non subvencionado
  • Formato gravación: Betacam
  • Duración: 90 min
  • Ano de produción:  2001
  • Data estrea: 01/01/2002
   Argumento

Francisco Rodríguez e José Manuel Clavijo, dous empresarios españois, viaxan a Xeorxia coa intención de realiza-lo que en aparencia é un excelente negocio: comprar alí unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. O intermediario do negocio é Carlos, socio de Francisco en Xeorxia. Pero as cousas non saen como esperaban : Carlos, necesitado de cartos, ten pensado un negocio moi distinto.
A Francisco e a José Manuel secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade, son cómplices de Carlos, que pretende levar unha parte do rescate que pagarán as familias dos secuestrados. Ambos pasarán un ano de calvario, arrastrados dun zulo para outro polos secustradores e tratados coma animais.
Entrementres, en Madrid, Rosa e Helena – as mulleres dos secuestrados – intentan logra-la liberación dos seus maridos por tódolos medios diplomáticos posibles… Ata que non queda outro remedio que ir a Xeorxia e paga-lo rescate que esixen os secuestradores.

   Observacións

Unha producción de Portozás Visión para Tele 5 e Televisión de Galicia, baseada en feitos reais.

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade