Videodanza coa compañía de danza Druida: Leticia Carpintero, Armando Martén. Idea orixinal de Rodrigo Zaparaín e Jose María Echevarría. Musica interpretada pola Orquesta Sinfónica de Galica
ArgumentoDous e un reto estético e visual ideado co obxectivo de abrir o panorama galego mais aló dos seus simples límites. Dous é un encontro de tensións, paixóns, desafíos, complicidade, nunha danza entre unha moza branca e un home negro que lidan, nun debate paralelo, arredor das relacións de Europa coa inmigración.
A muller baila cos ollos vendados nun universo de luz, inmaculado, cunha icona da cultura occidental como escenario de fondo. O home móvese pola sombra nun camiño labiríntico e angosto. Alternan os seus pasos entre o escenario branco e negro na busca dun espazo común e de convivencia.