NON ME TOQUES

Equipo técnico

Director/a: Jorge Algora
Guión: Daniel Domínguez Pérez
Productor/a: Susana Maceiras Montero
Director/a desenvolvemento: Susana Maceiras Montero
Director/a de fotografía: Suso Bello Giz
Director/a de arte: Alexandra Fernández Carnero
Director/a -Xefe de produción: Eduard Vallés
Montaxe: Nani García SilvaRita Romero García
Script: Ana Monteagudo Rúa
Operador/a - Cámara: Luis Longueira
Maquillaxe/ perruquería: Raquel Fidalgo Fernández

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Telefilme
  • Xénero: Drama
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Producción
  • Formato gravación: HD
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Castelán
  • Orzamento:  889.480€
  • Subvención concedida:  70.000€
  • Ano de produción:  2008
  • Ano de subvención:  2007
  • Email: susana@adivina.com
  • Web: http://www.adivina.com
   Descrición

A historia que conta Non me toques ten un valor de crónica social no fío da realidade máis quente –un drama de hoxe, de agora-, a pulsión da inmediatez periodística –casos que aparecen de cote nos xornais- e un carácter de denuncia social –contar esta historia é tamén un caso de conciencia-. Non me toques combina a intimidade dunha historia individual e un contexto local concreto; local pero non localista. Como dicía o gran escritor portugués Miguel Torga, o universal é o local sen paredes: é unha historia que mobiliza a emoción sen fronteiras.
Porque a historia de Non me toques, aínda que nace nunhas coordenadas de crónica e denuncia, transcende o nivel máis inmediato do aquí e agora para nutrirse dun mito fundacional da condición humana. No interior de Non me toques latexa o corazón dunha nena perdida no bosque, un bosque onde alenta a besta, o mal. Non me toques é un conto sobre o medo e como facerlle fronte, en outras palabras, é unha historia sobre a pérda da inocencia, sobre a aprendizaxe de vivir.
A traxectoria de Adivina Produccións no desenvolvemento e produción de filmes para televisión permítelle contar con fortes aliados estratéxicos noutras Comunidades Autónomas de cara a financiación dun proxecto desta índole mediante acordos de coprodución con empresas e televisións autonómicas.

   Argumento

Esta é a historia dunha moza contra un pobo. Unha historia sobre o poder a rentes do chan e sobre o sometemento que xera. A historia dun silencio cómplice e culpable. É a historia de Lisa.
Lisa ten quince anos, estuda 4º da ESO, toca o clarinete na banda de música e quere estudar Maxisterio porque lle encantan os pícaros. Tárdalle o momento de acabar o bacharelato e marchar de Castrosil a coñecer mundo e vivir a súa vida.
Castrosil, un concello do interior de Galicia, ten mil cincocentos veciños, moitos deles pensionistas, e alí predomina o sector agropecuario. Trátase dun pequeno mundo rural onde manda Pepe Lamas, vai xa para un cuarto de século, o alcalde, un tipo de sesenta anos ben levados. Nada acontece no seu concello sen que Pepe Lamas o saiba ou o consinta, pero todos saben que poden contar co alcalde para o que precisen. Metade patrón, metade padriño: ese é Pepe Lamas.
O alcalde mira especialmente pola familia de Lisa. Foi padriño da voda de seus pais, Moncho e Olalla, conseguiulle un traballo na cooperativa a Tania, súa irmá, e poden contar con el para o que precisen. Tamén Pepe Lamas sabe que pode contar con Moncho incondicionalmente: son amigos desde hai ben anos e comparten a afección pola caza.
Lisa adoita quedar a estudar cos seus amigos en Castrosil despois das clases do instituto e, os días que ten ensaio coa Banda de Música, seu pai vén recollela co Land Rover á noitiña. Un día, seu pai retrásase e aparece Pepe Lamas que se ofrece a levala á casa. Lisa sube ao coche do alcalde. A moza non sabe que acaba de dar un paso que cambiará a súa vida para sempre.

   Localización

Granxa De Lisa, Concello, Xulgados, Ies, Auditorio, Almacén Coperativa, Carniceria, Adega, Discoteca, Casa Alcalde Salón, Pobo, Natureza, Vehiculos.  (Galicia)..

   Observacións

O proxecto tivo unha axuda de 12 000 euros ao desenvolvemento no 2006

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade