Terranova

Equipo técnico

Outros datos

  • Formato:  Longametraxe
  • Xénero: Fantástico
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Guion
  • Formato gravación: Betacam
  • Subvención concedida:  10.368€
  • Ano de subvención:  2008
  • Email: rubenpardinhas@hotmail.com
   Descrición

Terranova é ciencia-ficción, e política-ficción tamén. Xéneros especialmente axeitados para achegarmos con certo distanciamento a cuestións reais sobre as que o noso presente segue a interrogarnos. O papel das utopías como motor do pensamento (e a necesidade de non ser preso delas á hora de pasar á práctica), a ideoloxización da historia e doutras disciplinas (mesmo a ciencia) que consideramos decote como obxectivas, a invención de tradicións culturais como parte do proceso de construción das identidades colectivas ou, en definitiva, a imposibilidade de aprehender a realidade (entendida como verdade absoluta) son algunhas destas cuestións.  
Formalmente, Terranova será unha película construída con material de arquivo (fotográfico e audiovisual). A idea é reordenar imaxes preexistentes (documentais pero tamén procedentes de películas de ficción), para achegarlles novos significados. Unha metodoloxía que non fará senón insistir no discurso que en realidade artella todo o guión: a dialéctica entre o orixinal e a súa copia. 

   Argumento

Perante a ameaza dun sobrequecemento inminente do Sol, a humanidade pon en marcha a Doutrina Espello, un proxecto ideado durante décadas que ten como obxectivo construír unha copia exacta da Terra en 046-B3 (rebautizado Terranova), planeta de características moi semellantes ao orixinal. 
É necesario un ensaio para comprobar que o plan pode levarse a cabo con todas as culturas terrestres, e despois dunha dura criba, a elixida como piloto é Galicia, un vello país europeo de pouca poboación, variedade xeográfica axeitada e complexidade cultural representativa dabondo.  
Alan Castro, observador internacional da ONU descendente dos primerios emigrantes galegos a Ganímedes, é enviado a Terranova para supervisar que o proceso de copia se leva a cabo seguindo as estrictas directrices da Doutrina Espello: todo ten que ser copiado tal e como estaba en 2188, a data na que se decidiu, provisionalmente, deter o tempo (coa intención de reemprendelo cando o planeta estea completamente reconstruído). 
Pero Castro, entusiasmado co proxecto nun principio, descubrirá pouco a pouco que a intención da clase dirixente é facer unha reprodución “mellorada” conforme aos seus intereses. Co tempo contacta cun movemento (a Resistencia) contrario a este engano, e tratará de alertar á comunidade internacional do fraude. Pero leva unha sorpresa cando descubre que esa Resistencia traballa en realidade para os países máis poderosos, que viron na desgraza da Terra a oportunidade para redeseñar todo o planeta ao seu gusto…

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade