Coas armas dun aparello de rexistro de son e unha pequena cámara, un xove de 24 anos, estudante de cine na prestixiosa escola belga INSAS, Felix Blume percorreu Galicia ao encontro de « memorias vivas » do seu pais de orixe e a recollida de cancións xamais rexistradas. O documentario de Felix Blume resulta un filme híbrido mesturando felizmente reportaxe e docuficcion. Unha inmersión total na música popular galega. En palabras de Felix Blume: “realizando este documentario o meu obxectivo era dar conta do choque de culturas e xeracións a través dun mozo e vellos que viven noutro espazo-tempo.Quixen gravar escenas moi simples da vida rural cotián, nunha Galicia aillada e onde o tempo semella detido....
ArgumentoUnha boa parte da mocedade galega interésase cada vez máis nas súas orixes culturais. Vanse cada fin de semana ao encontro das súas « memorias vivas », as vellas damas das pequenas vilas. Armados coa súa grabadora ou a súa pequena cámara, márchanse asi á busca dunha canción que non coñecen, nunca ainda grabada. E despois de moita charla, cando obteñen finalmente a confianza desas vellas mulleres que buscan no seu tempo de lecer os cantos da súa mocidade.
Tamén existen moitos coleccionistas, que ten cada un fonotecas personales que gardan preciosamente nas súas casas. Reutilizan ás veces estes cantos para reproducilos no puro respeito á tradición ou pola contra, para fusionalos con outras influencias musicales...
En ambos casos, a tradición perpetúase et a canción continúa a existir!
LocalizaciónPazos de Borbén, Bergantiños
ObservaciónsEstrea no bar A REPICHOKA na rúa Beiramar d`A coruña