A CASA DA LUZ (2008)

Equipo técnico

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Longametraxe
  • Xénero: Aventuras
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Producción
  • Formato gravación: Betacam
  • Duración: 90 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  1.574.000€
  • Subvención concedida:  300.000€
  • Ano de produción:  2008
  • Ano de subvención:  2008
  • Email: vimbiofilmes@mundo-r.com
  • Web: http://www.vimbio.es/
  • Data inicio rodaxe: 14/07/2008
  • Data fin rodaxe: 30/08/2008
   Descrición

Película para nenos fundamentalmente, baseada nunha novela do mesmo título de Xabier Docampo. Trátase dunha contribución destinada a cubrir un oco existente na cinematografía galega (e mesmo española) de produción destinadas especificamente a cativos e cativas. Preténdese artellar unha historia sobre a posibilidade de vivir nunha aventura permanente. Partindo dunha estrutura dramática de doada comprensión,  A casa da luz quere convidar aos nenos - e tamén ós que deixaron de selo - a unha viaxe na que descubran por medio da diversión, as emocións e a sorpresa que cada día podemos volver a casa máis sabios se conseguimos superar o medo ó descoñecido, que a amizade é máis indestructible do que supoñiamos e que a solidariedade e a unión entre os pequenos permite vencer aos poderosos. 

   Argumento

Unha panda de nenos e nenas pasan as súas vacacións en Eiravella – unha pequena vila a medio camiño do rural e o urbano – entre a construción dunha cabana e os xogos propiciados por Duarte, ex profe de debuxo e pintor.

Un novo xogo de pistas debe conducir aos nenos a presenza de Duarte, pero Duarte non aparece e ninguén sabe dar conta do seu paradeiro. Os nenos cren que Duarte pode non estar vivo pero se o estivera, están dispostos a rescatalo custe o que custe.

A preocupación da panda, especialmente de Alicia, sobriña de Duarte, crece. As sospeitas recaen sobre Pumariño – un vello “Toliño”, mudo, marxinado por todo o pobo e que acostuma a facer ocos nas paredes das casas de Eiravella.

A panda decide sometelo a control. Nun dos seguimentos, a panda chega a unha casa escondida no medio do bosque. Para sorpresa dos nenos, Pumariño os recibe sorrinte e satisfeito.

Nunha sala da casa, chea de cadros, Pumariño sinala un deles cun aspecto estrano e a medio rematar – cun bosque, unha paisaxe inquedante e unha cidade cunha torre o fondo – querendo indicar que Duarte está alí.

A panda, incrédula, cre que o “Toliño” os quere enganar. Pumariño desaparece repentinamente e uns segundos despois, a través do cadro, surxe de novo diante dos nenos. Con todas as dubidas e todos os medos do mundo, Alicia e o resto da panda, deciden seguir a Pumariño e traspasan o cadro en busca do seu amigo pintor.

   Localización

Baio, Betanzos, Moeche

   Observacións

Trienal. En Preparación. Rodaxe 2008

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade