MANFRED, UN NÁUFRAGO NA COSTA DA MORTE (2007)

Equipo técnico

Director/a: Bernardo Cequera
Guión: Bernardo Cequera
Productor/a: Manon Kremes
Director/a de fotografía: Bernardo Cequera
Montaxe: Bernardo Cequera
Xefe/a Son: Manon Kremes

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Longametraxe
  • Xénero: Arte e Patrimonio
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Non subvencionado
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 55 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Ano de produción:  2007
  • Data estrea: 17/11/2007
   Descrición

Quen non se formulou algunha Vez mandar todo ao carallo e desaparecer, ir a un lugar remoto onde ninguén te coñezca, desligarse de toda convención e empezar unha vida outra vez desde cero. Sen embargo moi poucos se atreven a dar un paso tan extremo. Quen o fan dividen a súa vida drasticamente en un antes e un despois, matan, enterran para sempre o seu pasado, nunca volven ao seu lugar de orixe e cortan o contacto coa familia.
Este documental intenta afondar na alma dun destes personaxes, Man, o alemán de Camelle, un traballo de Bernardo Cequera (2007). 
 O noso personaxe rompeu coa súa “primeira vida”, unha “vida normal” e comezou unha “segunda vida extrema” como ermitán en Camelle, unha pequena vila de pescadores na costa galega. Alí viviu 40 anos sen facer caso de ningunha convención, como un anacoreta, comendo do que lle daba a natureza e da caridade dos veciños; dedicado por enteiro á arte e á contemplación. Nunca máis volveu a Radolfezell am Bodensee, a súa vila de orixe, e negouse rotundamente a que o visitaran familiares e vellos amigos. Por que? Estaba tolo? Era un místico? Fuxia? De quen fuxia, de si mesmo, do mundo que o rodeaba ou de ambos os dous? Por que quixo romper co pasado? Buscaba algo?
E finalmente, como místico e artista rachou coa razón e entregouse ao mito de buscar a iluminación a través do ascetismo. Atopou no mito o que buscaba?

   Argumento

Chamábase Manfred Gnadinger, naceu en Radolfzell am Bodensee, ás beiras do lago Gnaden, onde aínda hoxe vive a súa familia. Cando morreu súa nai tiña un ano. Seu pai volveu casar. A madrasta nunca se entendeu cos fillastros e foi moi dura e humillante, especialmente con Manfred, que era un neno precoz en cuestións relixiosas: quixo facer a primeira comuñón con sete anos e con nove manifestou o seu desexo de tomar os hábitos. Parece que á madrasta lle gustaba o xogo e ía con frecuencia ao casino de Baden Baden. Manfred, influído pola ética católica, vía na súa madrasta un ser pecador e malvado. 
Manfred formouse como pasteleiro e dedicouse ao oficio con gran vocación. Logo, conseguiu un posto de traballo en Zúric, nunha pastelería moi famosa. Todo ía moi ben ata que a filla do pasteleiro se namorou de el. O rapaz púxose nervioso e fuxiu  deixando atrás un corazón roto e unha boa dote, a florecente pastelería na puxante cidade suíza.
Logo Mafred marchou para Hamburgo, coa intención de embarcar como pasteleiro nalgún barco e viaxar polo mundo, pero mentres esperaba a oportunidade traballou como axudante nunha cociña do porto. Un día un dos axudantes mutilou os dedos cortanto verduras para unha ensalada. Manfred renunciou enseguida ao cargo e partiu para Italia, alí conseguiu un emprego nunha escola para mozos con problemas de conduta e pintou obsesivamente a figura de Cristo.
 
O verán de 1961 
No verán de 1961 parte cara a Galicia, España. Unha mañá chegou a Camelle, unha pequena vila de pescadores na Costa da Morte. Manfred conseguiu aloxamento na casa de Uxía Heim, alemá procedente de Alsacia que estaba casada con Alberto Baña, o panadeiro da vila. O rapaz presentouse como artista pobre buscando inspiración e Uxía conmoveuse por aquel compatriota quixotesco con cara de neno que tiña a mesma idade de seu fillo menor, 22 anos. Despois dun desencontro amoroso, aquí empezou Manfred Gnadinger a segunda vida, aparentemente rompeu coa razón e consagrouse por enteiro ao mito, encerrouse en si mesmo e instalouse na beira tormentosa da Costa da Morte, preto das pedras onde rompen furiosas as ondas gran parte do ano. Primeiro levantou unha tenda con tea vella de vela. Máis tarde armou unha casiña con madeira. Logo, púxolle algunhas paredes de ladrillos e a chamouna o seu “museo”. E alí fronte ao Atlántico viviu corenta anos dedicados á arte, como Robinson Crusoe nunha illa europea, facendo esculturas con obxectos recollidos na beira do mar.  
Nun xardín que limita coa agua creou unha xeografía gaudina, unha cidadela para defenderse da realidade, para vivir rodeado da súa fantasía. A súa casa converteuse nun “museo” da súa “modesta” arte, pois a súa “grande” arte foi a súa vida, foi un artista de performace exitencial, un living paiting. Non importaba que temperatura houbese, “Man” como o chamou a xente da rexión, sempre andaba descalzo e vestido con taparrabos, coa súa longa barba despeiteada. Seguía parecéndose ao Cristo que colga na Igrexa.  
O 13 de novembro de 2002, comezou a traxedia que levaría a Manfred Gnadinge á morte, tamén á transcendencia. O tangueiro Prestige navegaba fronte a Fisterra con mar picado. Tres días despois, chega a primeira ondada ao xardín de Manfred. As imaxes de TV amósano co petróleo ata os xeonllos deambulando sen rumbo entre aquel “excremento do demo” que lixaba a súa arte, 40 anos de traballo, as súas amadas esculturas de pedra, o seu querido xardín. A raíz desta traxedia, Manfred caeu nunha fonda depresión e a súa saúde, xa quebrantada, deteriorouse rapidamente. O 28 de decembro, día dos Santos Inocentes, foi encontrado morto dentro da súa casa. 
Manfred foi un náufrago que xamais abandonou a illa europea e sempre viviu nunha das súas costas: Radolfzell, Zúric, Hamburgo e Camelle. A paisaxe marítima nas súas diferentes versións será a escenografía deste documental, que comezará ás beiras do lago Gnaden, en Radolfzell, e rematará ás beiras do bravío Atlántico onde a vista se perde no horizonte. Outros elementos de Radolfzel son a casa da súa infancia e mocidade, a escola e a igrexa de “Herrenpatronen”, o convento de Sankt Gallen, die Mooser Wasserprozession e as fotos familiares e de arquivos.
En Camelle, a casa-museo de Manfred, o porto, a igrexa do Espírito Santo, a procesión marítima da Nosa Señora do Carme e fotos familiares e de arquivo.

   Observacións

Música: Grupo “Anacos de Buxo”, Xurxo Fernández Fernández, Pedro Álvarez  Fariñas. Estrea en Galicia documental o 17/11/2007

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade