Ao igual que o Capitán Nemo creou o Nautilus para descubrirnos un mundo novo, NEMO pretende explorar parte dun océano descoñecido ata agora: os contidos audiovisuais creados para termináis de telefonía móbil. Os autores dos petroglifos foron quizais os primeiros artistas do país en crear novos xeitos de comunicación e de entretemento a través das súas obras.
Inspirado nesta herdanza artística, NEMO utiliza a pintura e a música como medios de expresión.
NEMO (Novo Entremento MObil) é unha curtametraxe composta de dez obras de arte deseñadas para ser difundidas e contempladas, en conxunto ou por separado, a través de telefonía móbil.
Cada unha das dez pezas de vídeo que forman a curtametraxe mostran como dez pintores crean as súas obras. Veremos como Ramón Astray, Joam Berride, Galia Blanco, Jorge Cabezas, Alberto Carpo, Elena Corredoira, Manel Cráneo, Yolanda Dorda, Jacobo Jaspe e Isabel Rey pintan os seus cadros en directo.Cada obra, cada peza, vai acompañada dunha B.S.O. creada por Fanny+Alexander e Javier Novelle.