HOMELESS, SEN TEITO (2007)

Equipo técnico

Director/a: Diego Méndez Lamas
Productor/a: Diego Méndez Lamas
Produción executiva: Micaela Sinde StompelDiego Méndez Lamas
Director/a desenvolvemento: Miguel Mariño Lamas
Xefe/a Son: André Luca de Tena

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Drama
  • Modalidade:  Animación
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: HDV
  • Duración: 13 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  25.130€
  • Subvención concedida:  6.000€
  • Ano de produción:  2007
  • Ano de subvención:  2007
  • Email: alenfilmes@yahoo.es
  • Data inicio rodaxe: 24/09/2007
  • Data fin rodaxe: 07/10/2007
  • Data estrea: 25/07/2008
   Descrición

Homeless. Sen Fogar’ pertence ao xénero da animación, é unha curtametraxe de ficción pero cunha liña argumental similar a un documental de investigación. “Homeless. Sen Fogar”  nace como unha alternativa para tratar de comprender un dos grandes problemas que mais afecta, preocupa e interesa á nosa sociedade. As imaxes impactantes xa non conseguen a súa finalidade, son tantas -demasiadas- e tan crúas -innecesariamente- que nos habituamos e permanecemos inmutables ante calquera tipo de atrocidade,  saturámonos ou tal vez estamos insensibilizados ante o continuo fluxo de imaxes de gran dureza en informativos, reportaxes de investigación, documentais etc. Son demasiadas, si,  pero non conseguen impactarnos, non conseguen chamar a nosa atención.

   Argumento

Homeless. Sen fogar’ é unha curtametraxe de animación que con unha estética similar a un documental de investigación aborda o tema das persoas sen fogar. A voz en off dun narrador e a perspectiva de cámara en man ofrecenos un dinamismo e realidade para narrar esta historia cuxos protagonistas non son actores se non bonecos de plastilina. 

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade