Leo trata de ser unha homenaxe, homenaxe a unha época, homenaxe a uns edificios, na súa maioria xa desparecidos,os teatros de variedades, e sobre todo unha homenaxe a unha forma de vida, a dos artístas.
A historia parte da derradeira actuación dun famoso ventriluoco; e de cóm a partir deste momento a súa vida vaise desmoronando a grandes pasos.
Por un lado está Leo, o seu inanimado compañeiro,co cal manten unha relación máis que tirante.Os anos non pasaron por él, e mentres o seu creador faise vello e perde facultades, Leo vai aumentando a súa fama convertíndose nunha personaxe de culto.
O ventrílocuo Victor, o seu axudante Raul e o boneco LEO acercánse ó final da súa carreira. Victor, doente dunha larga emfermidade que lle causou a amputación dunha perna,atópase no límite das súas forzas; ademáis o paso dos anos fixeron insostible a súa relación con Leo debido á fama e popularidade do boneco en perxuizo da do seu creador.
LocalizaciónCurtametraxe de animación ambentada no Lugo dos anos setenta. Os decorados son unha recreación de varias ruas de Lugo.
ObservaciónsEstrea no Teatro Principal de Santiago as 20' 30 o 29/12/2007
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/leo/