Adaptación libre dun relato de A. Chejov. O CAZADOR é un proxecto de curtametraxe que se desenvolve en tres partes ben diferenciadas. En cada unha delas asisitiremos a unha das fases da creación do propio proxecto, partindo da lectura do texto que o inspira ata alcanzar o resultado da ficción final, evidenciando no camiño as pegadas do proceso creativo.
ArgumentoDous actores sobre un escenario baleiro construíndo uns personaxes. Un cazador e unha campesiña que se atopan nun prado co peso dunha relación pasada nas súas costas. A construcción da emoción, a elaboración dunha ficción: da palabra á imaxe.
LocalizaciónPazos de Borbén. Vilaboa
ObservaciónsEstrea o 25 de xullo no festival Filminho 2008.
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/o-cazador/
´O Cazador, de Anton Chejov´, crítica de Seve Fernández Calaza