O proxecto que ten por nome provisional As copas das árbores tremen sobre os restos dun incendio, tiña como protagonista ó elemento do lume.
Afortunadamente este non foi un ano de incendios en Galicia, pero ó mesmo tempo quedeime sen o elemento que tiña que vertebrar a peza. Pero o marco estilístico, a hipótese cinematográfica, en definitiva a mirada, é a mesma que presentéi na memoria do proxecto.
Complexidade extrema. As túas películas: ensaios, tentativas.*
Usue Arrieta e Vicente Vazquez, unha asombrosa parella de artistas chamada QQ (www.weareqq.com), acompañarame nesta experiencia cinematográfica exercendo así mesmo as labores de son e axudante de cámara. Escribo este texto no transcurso da viaxe que estamos a facer por Galicia na procura do rastro do lume. Afortunadamente, ignoramos a onde nos levara aínda que…
Nada no inesperado que non sexa secretamente esperado por ti.*
Si sabemos por exemplo que conviviremos durante 10 días con Manuel e Carmen de Quiroga, unha parella de anciáns que vive nunha aldea remota dos Ancares.
Alí trataremos de evocar as relacións entre ser humán e natureza, intentaremos aprehender o espíritu desta, representar gracias a ela conceptos de alma, e trasmitir de paso o sentemento que hai detrás da cámara, un sentemento de celebración da vida e de aceptación da morte.
*Aforismos de Robert Bresson. Notas sobre o cinematógrafo.
Uns amigos deciden compartir unha experiencia cinematográfica en Galicia. O seu propósito é sinxelo, filmar cousas que lles gustan, sen ningún outro tipo de premisa ou obriga. Queren que as imaxes reflictan o sentimento que os une á xente que se atopan no camiño.
LocalizaciónNavia de Suarna, Cervantes, Os Ancares.
ObservaciónsNun primeiro momento este filme titulábase As copas das árbores tremen sobre os restos dun incendio. A estrea vai decorrer o 26 de xullo durante o Filminho 2008.