Un tema do noso tempo, a conservación da biodiversidade, no só coma a conservación das diversas especies e da natureza, senón tamén como a conservación dos diferentes modos de vida e de cultura. Pradolongo é un filme sobre a perda da amizade.
Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade á medida que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas.
Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas, tardes no río..., pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venta, á louseira do pai de Armando, de Pradolongo, un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño, obrigaraos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os mantiveron unidos desde a infancia.
LocalizaciónEste proxecto contou ademais cunha subvención de 21.296 euros ao desenvolvemento de proxectos na Convocatoria de 2005. estrea no cinema Avenida (A Rua) o 14/03/2008
A experiencia ´Pradolongo´. Por Alberto Pereira
´Pradolongo´, de Ignacio Vilar: cine popular na procura do público perdido.
Podes ver o trailer en Flocos.TV: http://flocos.tv/adianto/pradolongo-trailer/