SQR é un xogo por quendas de puzzles e estratexia para un ou dous xogadores.Algunhos o definen como un xogo que mixtura os pokemon co xadrez.
O principal valor do noso proxecto é que se trata dun xogo deseñado pensando na emprego das tecnoloxías e funcionalidades avanzadas dos teléfonos móbiles, non unha mera conversión o adaptación dun xogo preexistente noutra plataforma.
Os escuaros son seres mecánicos que se atopan espallados polo espazo. Son tan antigos como o propio universo, polaiso están feitos dos materiais esenciais que o compoñen. Perviven ao paso do tempo transformándose e evolucionando, recombinando os seus compoñentes.
Están divididos en dúas faccións opostas en continua loita polo control do espazo e na busca de fontes de enerxía.As batallas teñen lugar en bases formadas por celas cadradas que están espalladas pola galaxia. Xógase polaquendas sobre un taboleiro dividido en celas cadradas sobre as que o xogador despregará o seu exército de “escuaros” coa misión de gañarlle a partida ao opoñente.
O obxectivo da partida pode ser a captura de personaxes neutros ou a derrota do contrario. As sucesivas vitorias acadadas polo xogador iranlle aportando diñeiro do xogo que lle permitirá mellorar as súas tropas, fortalecendo as habilidades propias dos personaxes e descubrindo novas habilidades ocultas.Neste xogo o escenario ten un papel protagonista na acción das batallas; as habilidades dos personaxes só se poden activar se a cela na que está situado pertence ao seu propio equipo, e isto maniféstase pola cor da propia cela.
Os personaxes clasifícanse segundo a súa clase:
• Warrior: adícase a facer dano ao inimigo que ten ao seu carón.
• Painter: a súa misión é capturar as celas do escenario para o seu equipo, pintándoas de cor (azul ou vermello).
• Sniper: é o encargado de danar a longa distancia.
• Healer: o sanador do grupo; recupera a saúde dos compañeiros.
• Tractor: conéctase aos personaxes neutros (Puck) e os transporta polo escenario.
• Puck: é o personaxe neutro, non pertence a ningunha facción.
Cada personaxe ten unhas habilidades comúns (como a vida, o desprazamento, a defensa e a resistencia) e outras propias da clase (a distancia de disparo, a cantidade de dano,..).
Ao comezo do xogo un xogador disporá dun grupo de personaxes básico de nivel 1, un de cada clase. Poderá aumentar o número de personaxes empregando a cámara do móbil e facendo recombinacións con material xenético que pode extraer dos seus propios personaxes