A través de entrevistas a tres pulpeiras de Arcos xa retiradas faremos unha viaxe a unha Galiza perdida na noite dos tempos. Para elo tomaremos como partida a imaxe das mans das pulpeiras, deformadas polo traballo e que leban grabada en cada cicatriz unha pegada dos anos. Coma os aneis nos troncos das árbores.
A motivación de partida, ó marxe da etnográfica, está a vinculación que un de nós (Pachi Baranda) ten coas pulpeiras. É fillo, neto e bisneto de pulpeiras e leva consigo un anaco desas experiencias. Dende a infancia tamén andivo de nómada polas feiras e festas do pais, durmindo nas fundas das caldeiras feitas con palla e arpilleira.
As veces unha vida aparentemente sinxela pode ter doses enormes de complexidade. E unha das eternas inquedanzas do ser humán é precisamente atopar a súa condición. Conseguir tódalas pezas que forman o crebacabezas.
Nas mans das pulpeiras de Arcos está escrita unha parte da nosa historia recente que, aínda que a viviron non fai moitos anos, está a piques de ser esquencida. Estas mulleres, agora anciás, percorreron Galiza a pé, en carros tirados por bestas ou en autocares onde se misturaban pasaxeiros e carga. As súas vidas nómadas transcurriron de feira en feira e de festa en festa, con días de sol e noites de xiada.Agripina, Morocha, Pepita, Aurora, Teri, Perigrina e Carme son un diario vivinte desa época. Entre as tres xuntan centos de experiencias e memorias que nos axudan a entendela mellor.
Logo de conversar con elas vemos como as súas vidas se entrecruzan e comparten momentos de soños, penurias e miserias. Descubrimos o carácter destas mulleres que eran o centro da familia: elas traballaban vendendo no polbo, nas tarefas do agro e criando aos fillos.
Por detrás delas sempre había un marido que, na meirande dos casos, non tiña ningún outro oficio coñecido mais ca o de home da pulpeira. Eles non eran pulpeiros, elas eran as pulpeiras.Había un xeito especial propio do oficio cando nunha feira ou festa lles sobraba a mercancía, tiñan que ir a vendelo polbo de casa en casa. En palabras súas “Ir polas mans
Arcos – O Carballiño (Ourense), Chantada (Lugo), Santa Cruz De Arrabaldo (Ourense)