Ecos é un proxecto que xurde en 2006 da inquedanza de Rubén Coca por mostra-las diferentes situacións do ser humán como individuo ante a soidade e das reaccións que cada un ten ante a vida real, a morte e o mundo dos soños como camiño de liberación persoal. Prantéxase como un exercicio multidisciplinar no que, partindo dun mesmo guión escrito polo propio Rubén Coca, preténdese dar tres puntos de vista diferentes sobre o mesmo tema desde a visión de tres artistas internacionais que traballan en disciplinas diferentes.
En Ecos preténdese mostra-la combinación de diversos formatos narrativos en base a unha reflexión común sobre a soidade, a vida, a morte e os soños.
Estes formatos son: o vídeo, o cine, a fotografía e a animación.
Deste xeito, os encargados de realizar cadansúa parte son:
Rubén Coca (cinema) – Galicia www.rubencoca.com
Alex García (video) – Arxentina
(en representación do colectivo artístico (NO-MAD)
www.no-mad.com
Alvaro León (fotografía e animación) – Venezuela
(en representación do colectivo artístico KELOIDE)
www.keloide.net
Cada unha das catro visións terá como punto común o mesmo punto de partida, pero trátase dunha experiencia creativa de narración libre na que se toman como materias primas fundamentais a imaxe, o son e a música; na mesma proporción de relevancia no plano final de cada visión, formando así, pola unión das partes independentes, unha soa unidade narrativa grazas ó carácter cíclico do texto que sirve de base.
Ecos conta a historia dun home (Xacob) duns trinta anos que vive en constante conflito entre os seus soños, os seus recordos e a realidade que lle toca vivir.
Xacob é un home cunha gran intelixencia. Podería haberse adicado a grandes metas, pero a súa infancia traumática condenouno a encerrarse en si mesmo e nos seus pensamentos. Na súa casa pasaron inadvertidas as súas capacidades, e de tódolos xeitos, nada faría cambia-la súa historia debido ás poucas posibilidades económicas da familia.
Xacob sempre quixo ser músico, pero na actualidade traballa nunha oficina gris, como a súa vida, tentando pasar desapercibido, tratando de ter sinxelamente unha vida normal, unha parella, fillos e televisión os domingos pola tarde.
Pero este intento por agocha-lo seu verdadeiro ser faille vivir rodeado dunha soidade que lle come por dentro en pequenas doses diarias.
Entre esta vida de permanente fuxida, entre soños e recordos dos que fuxir, atopa unha luz de esperanza nunha moza, pero a sú experiencia vital faille estar en conflito entre esta realidade, os soños e os seus recordos.
Ferrol, Santiago, Londres e Madrid.
ObservaciónsFinalizado e entregado na Axencia Audiovisual Galega. Podes ver un fragmento en:
http://rubencoca.blogia.com/2007/102901-ecos-1-2-y-3.php