Vigo, 1976
Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Cinematografía pola Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid (ECAM). Anteriormente traballou como director artístico (Premio en 2002 á mellor dirección artística no Festival de Arona - Tenerife, pola curtametraxe Brasil, de Francisco Javier Gutiérrez). Como guionista é autor da curtametraxe documental Lo más profundo es la piel, peza producida para o Festival Internacional de Arte Contemporáneo en Barcelona BAC! 2004. En 2005 quedou 2º finalista do Premio Compostela Plató de guións para curtametraxe, convocado pola Santiago de Compostela Film Commission, co guión Campus Stellae. En 2007 escribiu e dirixiu o documental Fronteiras, que acadou o Premio AvidHoc ´Xpréssate en Tui´ ao mellor proxecto de documental no Festival Internacional de Documentais de Tui. Actualmente traballa na produtora madrileña Pasacana Films, coa que está a preparar varios proxectos. Paralelamente á súa andaina no campo audiovisual, desenvolve unha intensa actividade como escritor e crítico de arte. É autor do libro Seamos serios pero no tanto. Arte, filosofía y la persistencia de lo sublime (Lengua de Trapo, Madrid, 2004) que mereceu o II Premio Caja Madrid de Ensayo. Tamén é autor do ensaio Emancipació, de qué? Una visió pragmatista de l´art contemporani (XII Premi Espais a la Crítica d´Art, Girona, 2001) así como de numerosos artigos e colaboracións en medios especializados como Papers d´Art, artszin.net, Noroeste e Liberlect.