Germán Gundín González

Dende cativo sentín un atractivo especial por tódolos tipos de expresións artísticas. Teatro, música, baile, banda deseñada, cine, etc., formaron a columna vertebral da miña infancia e boa parte da adolescencia, xunto con un gusto especial por xogos en equipo, teatro e gravacións improvisadas e todo o que tivera que ver coa historia e a fantasía.

Formado no Conservatorio, en diferentes talleres de Teatro como actor (nalgúns sigo estudando), como técnico de realización na EIS da Coruña,  e formando parte dos proxectos Zumbido (banda de Punk Atlántico galega) e Error 404 producción (equipo de traballo técnicos e artistas do audiovisual) e diferentes compaías de teatro da Coruña, sigo percorrendo o longo camiño que me espera, cara a construcción das pontes de comunicación entre as miñas historias (e as dos demáis) co mundo.

 

“Rafael” de Xavier Bermúdez. Xamalú 2007 2º Axudante de dirección.

“A Forza que nos move”. Continental 2007. 2º Axudante de dirección

“Galicia é Potencia” Congo P.  2º Axudante de dirección

“De Propina” de Ruben Ruiz de Miranda. 2007. Axudante de dirección.

“Da man da Raíña Vermella”. Omar Rabuñal. 2007. Axudante de dirección

“Entorrados” Germán Tejada, San&San;2006. Axudante de dirección

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade