A Coruña 1952
Realizou estudios de arquitectura técnica, interesándose definitivamente pola imaxe, ó seguir un curso de cinematografia na Universidade de Santiago en 1982.
A súa traxectoria no audiovisual galego moveuse sempre no ámbeto da producción, a traveso das súas empresas ou encargos como director de producción. En 1981 funda a primeira productora videográfica de Galicia, Espello video cine, donde desenvolve funcións de xerencia da producción enn perto de 300 traballos industriais e varias videocreacións.De 1986 a 1988 foi director de producción de Galaxia comunicación e dende 1989 adícase fundamentalmente a producción cinematográfica traveso das empresas Vici Produccións , Adai Films e Vimbio Filmes como xerente e productor executivo.
Ao longo da década dos oitenta, foi membro fundador da Primeira Asociación de Productores creada en Galicia. Diplomado en 1994 no curso do programa Media EAVE ARC ATLANTIQUE (Galicia, Portugal, Bretaña e Gales)