A Coruña, 1979.
Guionista e dramaturgo. Experto en Cine e Teatro pola Universidade da Coruña. Foi guionista de series de televisión como Pratos combinados ou As leis de Celavella, traballo polo que recibiu o Premio Mestre Mateo da Academia do Audiovisual Galego. Ten publicados dous libros individuais e máis dunha ducia de pezas teatrais en revistas especializadas. O Centro Dramático Galego estrea Estigma en 2008, obra desenvolvida durante a súa estadía como autor residente no Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). Escribiu varias curtametraxes e foi redactor dun reality show. Na actualidade realiza documentais e desenvolve formatos para televisión.