Jorge Coira Nieto

Jorge Coira, nado na cidade galega de Lugo, fórmase en distintos obradoiros, seminarios e cursos dedicados á dirección de cine e guión. Entre eles, destacan algúns internacionais impartidos por figuras de destacada traxectoria como son Robert Lovenheim, Michael Radford e Allan Starski. A súa experiencia persoal abrangue vídeo, televisión e cine. Participou na realización e dirección de importantes series galegas como son: Mareas Vivas, Terra de Miranda, As Leis de Celavella e A vida por diante. Ademais da súa experiencia como realizador de publicidade e videoclips, destácase o seu traballo como director en dúas curtametraxes premiadas en varios festivais galegos Mofa e Befa en gran liquidación e O matachín; o premiado telefilme Entre bateas, a súa extensa traxectoria en documentais como Rías Baixas e O que nunca se ve, e series documentais entre as que cabe destacar Chunda Chunda, Vida nas Mareas e 092. En 2004 dirixe a longametraxe para a grande pantalla O año da carracha. Polo seu desempeño como director nos seus distintos traballos, tanto para televisión como para cinema, recibiu recoñecementos e premios converténdoo hoxe no director máis premiado do cine galego.É tamén responsable da montaxe da película de Antonio Hernández, actualmente en posproducción, El menor de los males. Actualmente atópase desenvolvendo varias longametraxes de ficción e na produción da longametraxe documental Que culpa ten o tomate?

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade