Ramsés Rivera rematou os estudos de Realización na Escola de Imaxe e Son de Vigo en 2002. Nese mesmo ano, tras un breve paso por Adivina Producciones, recala en Producciones Vigo, levando as tarefas de realización e montaxe de audiovisuais. Nos vindeiros anos compaxina os labores da productora coa coordinación de montaxe de proxectos da EISV.
A súa inclusión no mundo da postproducción, e moi especialmente dos "motion graphics", lévao a colaborar con varias productoras na elaboración de pezas gráficas para cine e TV, ata que en 2006 comeza a desenvolver a
súa actividade profesional en Verve Audiovisual.
Na actualidade desempeña funcións de realización e montaxe da productora viguesa, cunha clara vocación cara á publicidade e unha aposta firme polos "motion graphics".