Ángel Santos Touza

Nado en Marín, Pontevedra en novembro do 76.
Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2000. Trasládase a Barcelona ese mesmo ano para realizar un curso de guión e alí comeza a traballar en distintos apartados técnicos (produción, son, realización, guión…) en curtametraxes do Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya (CECC), onde obterá a Diplomatura en Dirección Cinematográfica tres anos despóis. Xa como director, realiza pequenos traballos en vídeo, e a curta A. (2002), que lle abre as portas para a realización dunha curta en formato cinematográfico: Septiembre (Los amores jóvenes) (2004); que se estrea nos cines Casablanca de Barcelona. Xa de volta a Galicia imparte cursos de cine para rapaces de primaria e colabora na realización de videoclips (Austria, MPSTK, Sugar Mountain…). Actualmente é produtor do documental Plan Rosebud dirixido por María Ruido para o CGAC e colabora na revista dixital Miradas de Cine.

Ángel Santos Touza: “En ocasións renunciamos a ver as cousas como as vemos”

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade