Meira (Lugo), 1975, desenvolve gran parte da súa carreira fora de Galiza e de España.
Diplomado na especialidade de Dirección de Documental pola Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños, Cuba, completado cos cursos El documental y la ficción: un acercamiento a la doble naturaleza del cine, impartido por Víctor Erice, e Legados del Documental Cinematográfico, impartido por José Luis Guerín. É licenciado en Ciencias Ambientais pola Universitat Autónoma de Barcelona.
Finalista no concurso de Proxectos Documentais de Creación da SGAE e RTVV co proxecto La parte contratante, recibe unha beca Panasonic de formación dentro do concurso Doc Amateur, así como o premio Benibecas-2004 ao mellor proxecto documental por La fábrica, otorgado por la Fundación 30 km/s. Foi becado en dúas ocasións polo Instituto Valenciano de Cinematografía IVAC-la Filmoteca, así como polo programa IBERMEDIA.
Os seus traballos como director foron seleccionados en máis de 30 festivais en España, Francia, Cuba, Finlandia, Grecia, Chile, Arxentina, Brasil e Inglaterra.