Manuel Abad Abad

A Coruña 1953.
Profesor de EXB, dende moi novo interesouse pola fotografía. En 1973 ingresa no equipo Imaxe onde desenvolve funcións como fotofixa e cámara nas primeiras producións do cinema galego en Súper 8 e 16mm. Disolto o equipo Imaxe participa como socio fundador da produtora Espello vídeo cine en 1981, onde alternará a realización de traballos industriais e creativos (máis de 200 como cámara, editor e realizador).
Apartires de 1984, inicia unha sólida traxectoria como videocreador con Denantes, unha fonda reflexión multimediática sobre o suicidio en Galicia. Algunhas das súas obras serán seleccionadas en festivais nacionais e internacionais de videocreación. En 1985 intégrase no primeiro equipo técnico da Televisión de Galicia donde desenvolverá un notable labor anovador como realizador de numerosos programas de TVG: Telexornal, A millor TV do mundo, Lendas do mar, Encontros, O  mellor, Con perdón. Corazonada, A fala, Mar a mar, Televisión pirata, e numerosos programas de todo tipo. dramáticos, xuvenís, informativos, etc; mais será como creador e director de Luar -en antena dende 1992-, onde Manuel Abad acade definitivamente o contacto co gran público sen renunciar á calidade profesional e técnica.
En paralelo, combinará a súa vida como profesional da Televisión Galega, cunha traxectoria experimental como autor independente de curtametraxes cinematográficos, documentais e vídeocreacións, cós que obtén diversos premios en festivais internacionais.
Formou parte da Comisión de Imaxe de Nova Escola Galega; da Oficina Permanente de Pedagogía de la Imagen (Xixón), da Comisión Oficial fundadora da Escola de Imaxe e Son de A Coruña e da xunta directiva fundadora da Academia Galega do Audiovisual.
Seleccionado polo Museo de Arte Reina Sofia para os seus Visionarios Españoles, na Bienal de la Imagen en Movimiento (pola su obra 365). Premios no Festival Internacional de Video de Madrid (con Prólogo), Elche, Vitoria... , Selección para a Expo-92 (con Hardo) e a Muestra Internacional del Festival de San Sebastian (con Denantes).
Filmografía:
Como cámara:
1974 A Fala do muiño mudo (Carlos Piñeiro/S8mm)CM
1974 A semente (Xavier Villaverde/S8mm)CM
1986 Preescolar na casa (vídeo).MM
Como fotofixa
1974 Arredor (Carlos Piñeiro/S8mm)CM
1975 Seran (Carlos Piñeiro/S8mm);CM
1976 O pai de Migueliño (Miguel Castelo/35mm)CM
1978 Circos (Xavier Villaverde/16mm)MM
Dirección e realización
1977 Conxo, unha experiencia (S8mm)
1984 Denantes (vídeo)MM
        O neno con pernas de pomba (vídeo)MM
1986 Prólogo (vídeo)CM
1989 Intervalo (vídeo)
        Hardo (vídeo)CM
1990 365 (vídeo)CM
1994 Contar (35mm)CM

A súa produtora é Formateo

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade