Cans- O Porriño, 1969
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC.
Traballa e colabora en prensa escrita desde 1987:A Peneira, Xornal Diario, Deporte Galego, Bravú.... Desde 1995 traballa como guionista. Ten desenvolvido a súa carreira en TVG e mais en TVE- Galicia.
Ten participado en máis de trinta programas de diferentes formatos: magacíns (Que Serán!, Boa tarde! (TVE)), late-nights (Máxima Audiencia), musicais e concursos (Noitemóbil, Gran Verbena, Tequelexou, Luar) ou series de televisión (Fíos).
Dirixiu o programa de curtametraxes Onda Curta na TVG (Nominado a mellor programa de televisión nos Mestre Mateo´06) e colabora en temas musicais, de cinema e televisión na edición galega do xornal El País.
Director do Festival de Cans de curtametraxes, desde a súa fundación no ano 2004.
TRAXECTORIA AUDIOVISUAL RECENTE
2007.- Onda Curta, (desde 2005) programa de curtametraxes(dirección)
Criaturas, docu reality animais (Estructura e deseño dos contidos)
Cinco de Cans, documental (en rodaxe), dirección con Pela del Álamo
2006.- Noitemóbil, magacín musical(dirección)
2004.- Máxima Audiencia, late-night (guionista)
2003.- Gran Verbena, concurso musical (subdirector)
2002.- Éxito, concurso musical (subdirector)
2001.- Fíos, serie de tv. Creador (con Suso Iglesias e Carlos Alleres), e guionista (con Andrés Mahía, Xosé Castro, Carlos Ares, Cisco Novo e Xavier Viana)2000
- Boa tarde, magacín para TVE- Galicia. (Guionista)
1999.- ¿que serán!, magacín para TVE- Galicia (Guionista)