Formado como Director e Guionista na Escola Galega de Cine (EGACI) no 2006, ano no que se gradou coa tese de fin de curso Lembrar (2006), curta da que foi autor do guión e da dirección, no 2008 volve a encabezar un proxecto, desta volta deixa a ficción para expresarse noutro medio, o documental, xénero no que xa se estreou no 2005 con “Dónde está la Movida?”, documental de autoría compartida con Isaura Docampo e Martín Rodriguez,o cal foi seleccionado no Festival de Erandio e emitido no programa da TVG “ONDA CURTA”. O seu actual proxecto “A vida nas mans”, encontrase no proceso de postprodución e foi subvencionado pola Xunta de Galicia.