José Manuel Sande García

A mediados dos 90 comeza a traballar en labores de produción en curtas dirixidas por xentes como José Luis Ducid, Luis Pablo Román e Pepo Alba. Logo, a prensa, a historiografía, a xestión cultural e a universidade ocupan boa parte do seu tempo.
Estuda Filoloxía Hispánica, facendo o doutoramento na área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, traballando desde alí sobre as relacións cine-literatura e na organización de numerosos eventos relacionados. Con posterioridade realiza un Master en Estudios Teatrais e Audiovisuais (UDC) –que permitiu a realización xunto a Lucía Bello dunha longa práctica de carácter documental que permanece inédita-, mentres escribía en publicacións como "Grial", "Ábaco", "Cooltural Galicia", "Cuadernos de la Academia", "Signa", "Galicia Hoxe" ou "La Opinión de A Coruña" (incluindo unha plana dominical no bienio 2001/2002 coa Historia do cinema na cidade de A Coruña, de 52 entregas).

Historiador de cine e membro da Asociación Española de Historiadores del Cine, colaborou como articulista e coautor en libros colectivos como "El cine de Gonzalo Suárez" (2003), "Juan Antonio Bardem. El cine a codazos" (2004), "La atalaya desde la tormenta: el cine de Luis García Berlanga" (2006), “Una pica en Flandes. Juan Diego” (2006) ou “Al otro lado de la ficción. Trece documentalistas españoles contemporáneos” (2007), ademais dun centenar de voces do Diccionario de Cine Español e Iberoamericano da SGAE (en prensa).
Profesor dunha asignatura de libre elección na UDC (curso 2004/2005), así como en Masters e cursos da Aula de Cinema e Imaxe da UDC, na actualidade desenvolve a súa actividade fundalmental como membro do equipo de programación do CGAI e no consello de redacción da revista AG.

 

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade