Carlos Alberto Alonso Iglesias
Ferrol, A Coruña, 1970
A mediados dos oitenta entra no mundo da comunicación a traveso de esporádicas colaboracións en Onda Obreira e Radio Fene. Namentres, realiza o fanzine 18 Rodas que compaxina militando como cantante no grupo de rock Malpaso. Entre 1987 e 1993 comeza a gravar os seus primeiros traballos en vídeo. No ano 1994 realiza para a televisión local de Narón o programa Gorevisión TV por onde pasan músicos coma Deltonos, Julian Hernández, Ben Vaugh ou artistas como Santiago Segura ou o malogrado Toñito Blanco entre outros...
No 1995 entra na Escola de Imaxe e Son da Coruña, e alí realiza diversas curtametraxes coma "Ave Fénix" (1995) ou "Perla" (1995), ata que participa nun concurso de guións organizado pola propia EIS (patrocinado pola Dirección Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia) para rodar en 35 mm , cunha adaptación dun relato de Julio Cortazar titulada "Día de Suerte", mais non houbo tal sorte. Pese a non gañar, un compañeiro cédelle o seu premio, e o proxecto fíxose posible có título de "The End" (1996). A curta exhibiuse no OFF de Ourense, mais pasou catro anos esquecida, ata que puido ser vista durante algúns meses en salas comerciais de todo o pais xunto á obra de outros cineastas galegos coetáneos. Na actualidade e gracias ó TeuTubo, "The End" está gozando dunha segunda vida na rede.
No ano 1996 realiza un video-clip para a TVG có grupo Blood Filloas e baixo o título de "Superheroe", dentro do espacio infantil-xuvenil Xabarin Club. En 1998 trasládase á Barcelona becado pola Deputación de A Coruña, onde estudia Dirección Cinematográfica e Guión no CECC (Centro de Estudios Cinematográficos de Cataluña). Alí roda a súa seguinte curta en 35mm inspirada nun relato do escritor mozambicano Mia Couto, "As Muxicas", multipremiada e ata a data, o seu derradeiro traballo de ficción. Dende Cataluña colabora coa peza "¿Nunca Mais?" na longametraxe colectiva "Hai Que Botalos" con motivo das eleccións autonómicas galegas de 2005.
Tras oito años de ausencia, volve a Galicia, e de xuño á decembro de 2006 traballa como axudante de realización no primeiro espacio de telerealidade da TVG "A Casa de 1906", ocupándose ademais da dirección do capítulo que pecha a serie "Así se fixo A Casa de 1906". En xuño do 2007, incorpórase de novo as filas de Continental TV & Filmanova para levar adiante a segunda edición do exitoso programa "A Casa de 1907", e nese mesmo verán recibe unha axuda da Xunta de Galicia a escrita de guión para longa de ficción, por "Beladona". Dende entón, e o tempo que anda na procura da infraestructura axeitada para facer realidade a súa primeira longametraxe, ocúpase de levar adiante o documental "Así se fixo Mínimo Común Múltiplo" sobre a rodaxe da derradeira curta do seu paisano Ruben Coca, e de poñer imaxes a musica do fenés Roger de Flor en video clips como "Una desconocida más", "Lo que hay que aguantar", "Un día monótono" ou "Os dous amigos".