Pasamento do guionista Eduardo Díaz

04-09-2007 

Onte luns, finou na Coruña aos 48 anos o guionista galego Eduardo Díaz cando estaba a recuperarse dunha delicada operación.

Eduardo foi director e guionista do documental  AO SUL DO RIO DO ESQUECEMENTO , producido pola Productora Faro no ano 2000. O documental é un laborioso traballo sobre o Couto Mixto, unha zona pola que Eduardo sentía unha atracción especial. Ó longo dun ano enteiro, dirixiu un equipo que gravou a vida cotiá nesta zona fronteiriza, con imaxes moi difíciles de conseguir como unha espectacular "achega" de bois, unha tradición en extinción.
Ó longo de varios anos, Eduardo Díaz foi guionista do programa Senda Verde, que dirixiu Enrique Banet en TVG. Nesta canle, tamén traballou como guionista en varios programas, entre eles o programa Que foi de?,con Santiago Romero e Joaquín Pedrido. 
Desde o ano 1999 desenvolveu o seu traballo en TVE-Galicia, primeiro como guionista do programa Que Serán, dirixido por Xosé Manuel Pereiro e presentado por Paco Lodeiro e Xosé Luis Álvarez, e despois como director e presentador do espazo Galicia, paso a paso.

Anteriormemente, Eduardo tamén traballou en Composteláns, unha serie mítica de TVE-Galicia, onde coincidiu, entre outros con Toñito Blanco.
Nos últimos anos, Eduardo fixo un paréntese profesional, debido a que se estaba a recuperar dunha delicada operación.
Descanse en paz, Eduardo Díaz.

  •  

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade