TVE adquire os dereitos d´A casa da luz´, ´Os mortos van deprisa´ e ´Qué culpa tiene el tomate´

08-05-2007 O ente público estatal acaba de comunicar o seu desexo de participar nas producións galegas: A Casa da Luz, Que culpa ten o tomate e Os mortos van deprisa.

Os mortos van deprisa de Angel de la Cruz, foi motivo dunha polémica nos medios de comunicación a raiz da suspensión da súa rodaxe aos poucos días de iniciarse. Co pulo desta decisión de TVE, o proxecto volve a estar "vivo" e Angel de la Cruz xa anunciou o súa rodaxe para despois do verán do 2007. Ista sen dúbida será unha boa nova para o audiovisual galego.
Por outra banda, A casa da Luz é un proxecto de longametraxe para públicos infantís e xuvenís da produtora Vimbio films, con guión e dirección de Carlos Amil, baseado na obra homónima do escritor Xabier Docampo.
Que culpa ten o tomate é un proxecto documental da produtora Tic-tac producións coa participación galega de Jorge Coira na dirección. Este ambicioso documental leva paso de converterse en todo un referente a nivel artístico e de produción, pois xa conta  co apoio de Ibermedia, o premio Jan Vrijman, o Festival IDFA e a Televisión de Galicia.
Todos estos proxectos teñen unha subvención da Consellaría de Cultura e Deporte.

QUE CULPA TIENE EL TOMATE

OS MORTOS VAN DEPRISA

A CASA DA LUZ

  •  

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade