10-11-2008 Baseada no conto da escritora Lucía Etxebarría “La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña”, A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA conta coas ilustracións de Víctor Coyote e con Álvaro León na dirección. Producida por Rubén Coca conta co apoio da Consellería de Cultura e Deporte e o Padroado da Cultura do Concello de Narón.
“A mena que tiña unha soa orella” é un conto infantil orientado a tódolos públicos debido á súa clara vocación divulgativa e de concienciación cara ó respecto ás diferenzas entre os seres humanos.Tras varios meses de preparación, este luns día 10 chega o momento de darlle luz e vida a esta pequena grande historia na que en aproximadamente 10 minutos nos introduciremos na vida de Allegra, unha nena de 5 anos que irá aprendendo a aceptar de forma natural as diferenzas.
Para darlle vida a esta historia empregaranse diferentes técnicas narrativas de animación, desde a máis tradicional baseada no uso de monicreques, colaxes e sombras chinesas, ata chegar ás técnicas máis avanzadas de Stop Motion, 3D e CGI. Durante varias semanas de intensivo traballo de rodaxe e varios meses de posprodución alternando diversas localizacións da comarca de Ferrol e Narón, a principios de 2009 poderemos gozar desta obra no seu formato cinematográfico final.
A IDEA PARECE BOISIMA, TEÑO GANAS DE VELOS RESULTADOS DESAS TECNICAS INFORMATICAS Q TANTO TRABALLO REQUREM.
PERO NOS TEDES EN VILO, PARA CANDO????
UNHA APROXIMACION, ALGO,...
SEGURO Q CON RUBEN SAE ALGO FERMOSO
APERTAS