01-10-2008
Máis independente, internacional e reafirmado por la excelente acollida de videocreadores nacionais e internacionais, preséntase a segunda edición da Mostra Internacional de Videocreación do Condado, MIVICO 08, que se celebrará do 3 al 5 de outubro en Ponteareas (Pontevedra).
Desta vez o espacio de proxección móvese ao Centro Cultural Sportivo, que ademais de servir de escenario para a actualidade da videocreación internacional, dará cabida a diversas propostas musicais e escénicas durante os tres días do festival.
O número de traballos recibidos para participar no MIVICO 08 triplicou ao do ano pasado. O festival dá así un paso máis no seu propósito de consolidarse no calendario audiovisual galego como escaparate das propostas audiovisuais máis independentes da escena actual.
Filmes procedentes de Arxentina, Estados Unidos, Noruega, Italia, Portugal e de diversos puntos do Estado español competirán polo premio nas tres categorías establecidas (curtametraxe de ficción, videocreación e documental).
O festival volve apostar nesta segunda edición pola música emerxente e por grupos que están despuntando no panorama actual.
MIVICO 08 reafirma así a súa aposta decidida pola videocreción e o cine independente coa intención ademais de abrir unha fiestra á creación máis arriscada.
Como antesala do que será o festival, o venres domingo 20 de setembro realizouse na Praza Maior de Ponteareas unha proxección ao aire libre dalgúns dos traballos recibidos. A entrada foi gratuíta.