24-04-2008
Mañá, 25 de abril, os alumnos do IES do Porto do Son, que participan no colectivo SonCine, estrean no festival de curtas de Redondela a súa segunda curtametraxe: Making Son.
Foi rodada en xuño do 2007 nos días seguintes a rematar as aulas. Esta dirixida, protagonizada, producida, etc por eles mesmos, nunha especie de dilución do concepto de autoría, a todos nos pertence. Neste tempo non estivemos parados, mesmo as nosas curtas viaxaron á Semana Galega na Habana. Nico, a primeira das nosas producións segue a verse nos polos IES adiante. Neste momento estamos a preproducir dúas curtas máis, que se todo vai ben, estarán listas á fin do verán. Unha curta feita posibel cos apoios da Axencia Audiovisual Galega, a Dirección Xeral de Comunicación, mais sobre todo dos amigos do audiovisual que sempre estiveron aí para darnos clase de fotografía, montaxe, ou o que fose: este ano, especialmente Fran Piñeiro, Luis Avilés, Mario Iglesias. Mais moi especialmente o agredecemento vai a Víctor Fábregas.
Podes velo en: http://www.vimeo.com/934277
MAKING SON. (Non sen tempo) (2007)
Nós puxémolo na nosa web sen problemas. Enviounos a ligazón David Pérez no correo electrónico, fomos a Vimeo e pegamos o código na nosa web.
Web/blog: http://www.certo.es
Podes velo en:
http://www.vimeo.com/934277
Ola. Quería saber donde podo mirar o curto Making Son. O de Nico foi relativamente facil, pero este foime imposible. Moitas felicidades polos dous, son espectaculares.
Grazas.