Programa Audiovisual da Feira internacional do libro da Habana

04-02-2008 Dentro da abrumadora oferta de actos da feira do libro da Habana, o audiovisual terá un espazo de referencia. Adxuntamos o programa de actos e proxeccións audiovisuais galegas na capital cubana.

ACTOS:

XOVES 14 DE FEBREIRO, CENTRO HISPANOAMERICANO DE CULTURA, 16H
Mesa redonda: “documental e memorica histórica”. Intevirán: Margarita Ledo e Belkis Vega proxección previa de curtas documentais galegas  cubanas  

VENRES 15 DE FEBREIRO, CENTRO HISPANOAMERICANO DE CULTURA, 16H
Mesa redonda: “Video creación galega e cubana: historia e perspectivas”. Intervirán Alberte Pagán, Luisa Marisy (especialista en video creación cubana) e o video creador Eduardo Moltó. Previamente, proxectaránse senllas retrospectivas da video creación galega e cubana, seleccionadas respectivamente por Alberte Pagán e Luisa Marisy. Ao remate do coloquio, Eduardo Moltó e Alberte Pagán presentarán a peza realizada a catro mans para a FILH, dentro do proxecto ÓPTICAS CRUZADAS.

SÁBADO 16 DE FEBRERO, CINE LA INFANTA, 17H
Proxección de LISTE, PRONUNCIADO LISTER (2007,111'), de Margarita Ledo  e da curta documental realizada por ela mesma e a directora cubana Belkis Vega para a FILH, dentro do proxecto ÓPTICAS CRUZADAS. Coloquio posterior coas realizadoras 

DOMINGO 17 DE FEBREIRO, CINE LA INFANTA, 17H
Proxección de A MARIÑEIRA, (2007,85’) de Antón Dobao.  

LUNS 18 DE FEBREIRO, CINE LA INFANTA,17H
Proxección de DE PROFUNDIS, de Miguel Anxo Prado (2006, 71'). Ao remate da proxección o realizador dialogará cos alumnos da Cátedra de Galego da Universidad de la Habana.  

MÉRCORES 20 DE FEBREIRO, CINE LA INFANTA,17H
Proxección de EL MENOR DE LOS MALES (2006,110’), de Antonio Hernández. Longa de suspense, unha crítica á dobre moral propia da actual sociedade de consumo capitalista.  

XOVES 21 DE FEBREIRO, CENTRO HISPANOAMERICANO DE CULTURA, 16H
Mesa redonda: “cine comunitario ou cine probre: unha alternativa a Hollywood?”. Intervirán Mario Iglesias, Sergio Benvenuto (director do Festival de Cine Pobre de Gibara) e Marilyn Soraya, directora de programación do Centro Hispanoamericano. Proxección previa dunha selección de curtas galegas e cubanas encadradas no que poderíamos chamar “cine pobre”.

VENRES 22 DE FEBREIRO, CENTRO HISPANOAMERICANO DE CULTURA, 16H
Presentación da curta de ficción producida por Cora Peña e Ernesto Daranas dentro do proxecto OPTICAS CRUZAQDAS. Asemadeta presentación do proxecto do documental sobre a presenza galega na Feira. Coloquio posterior cos realizadores. 

SÁBADO 23 DE FEBRERO, CINE LA INFANTA 17H
Estrea do filmes realizados por Mario Iglesias e Natasha Vázquez en Gibara (Holguín) dentro do proxecto ÓPTICAS CRUZADAS, con presenza dos dous realizadores. A continuación proxectaráse a longametraxe DE BARES,  de Mario Iglesias, (2006, 91') 

´Opticas cruzadas´, un proxecto de coprodución Cuba-Galicia

  •  

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade