15-01-2009
Seguindo co seu periplo mundial, A REVOLTA DOS MOUSES vén de ser seleccionada en dous importantes festivais internacionais: o Istanbul Intl Independent Film Festival, en Turquía, e no Northern Wave International Film Festival de Reykjavik, Islandia.
Trátase dunha curtametraxe de animación en 3D que aborda en tono de metáfora paródica a batalla desigual que se está a desenvolver entre o mundo figurativo tradicional (representado polos familiares trebellos de papelería, e a realidades virtual e dixital (representada polos temibles ratos de ordenador que todo o arrasan) .
Non tardará moito en aparecer por Flocos TV...