24-10-2008
A REVOLTA DOS MOUSES (2007) segue, fiel ao seu nome, "revolucionando" festivais. Agora ven de ser selecionada entre as curtas finalistas da próxima edición ArtFutura 2008 que terá lugar simultáneamente en diversos puntos da xeografía española a finais deste mes.
As obras seleccionadas presentaranse dentro das actividades de ArtFutura 2008 en Alicante, Barcelona, Cádiz, Gijón, Madrid, Murcia, Palma de Mallorca, Valladolid, Vigo e Zaragoza, onde o público asistente poderá votar os seus favoritos entre o 23 e o 25 de outubro.
Así que, se tedes ocasión, pasádevos por Vigo e botádelle unha ollada a esta curta sorprendente!